"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Traballo de pouca importancia que se realiza no campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertente ao traballo e ás súas condicións e dereitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é especialista en dereito do traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que labora.

    2. Persoa que coida de certos traballos auxiliares de laboratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traballar prolongadamente e con insistencia nunha cousa.

    2. Traballar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos ou probas e ensaios industriais. Aínda que a miúdo con esta palabra se entende o laboratorio químico e o farmacéutico, son importantes tamén os de fisioloxía, de histoloxía, de toxicoloxía e de electrónica, entre outros. Pódense clasificar en laboratorios de ensaio, tanto de primeiras materias como de produto elaborado, e laboratorios de investigación, que pode ser pura ou aplicada.

    2. Conxunto de instrumentos, instalacións e servicios anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.

    3. Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización Europea para a Investigación Nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica galega fundada polo profesor Isidro Parga Pondal en 1940 e que se dedica ao coñecemento xeolóxico de Galicia e ao Hercínico Peninsular Ibérico. Realizáronse multitude de traballos, como publicacións de cartografía xeolóxica. En 1979 trasladouse o fondo documental, a hemeroteca e a biblioteca desde Laxe á nova sede do laboratorio na fábrica de Sargadelos (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor, escritor e político. Fundador da revista Andalán e do Partido Socialista de Aragón (PSA), foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados desde 2000. Como intérprete gravou o disco Cantar y callar (1974). Publicou Las sonatas (1965), Con la voz a cuestas (1982), Diario de un náufrago (1988), Un país en la mochila (1995), froito dos doce documentais sobre España rural emitidos por TVE, e Dulce sabor de días agrestes (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor, profesor, escritor e político. Licenciado en Filosofía e Letras en 1960, exerceu a docencia ata que se dedicou en exclusiva ás súas facetas creativas. Participou na fundación da revista cultural Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e do Partido Socialista de Aragón (PSA). Foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados na VII e VIII lexislaturas (2000-2008).
    Da súa discografía destacan os títulos Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975), Que no amanece por nada (1978), Las cuatro estaciones (1981), Aguantando el temporal (1985), Diario de un náufrago (1988), Canciones de amor (1993), Paisajes (1997) e Vayatrés (2009). Publicou, entre outras obras, Sucede el pensamiento (1959), Recuerdos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa situada no S de Galicia que serve de fronteira hispano-lusa. Pola vertente galega esténdese desde a parroquia de Mociños (Quintela de Leirado) ata a de San Xes de Vilariño (Lobeira). Culmina nos 1.334 m de altitude do Codesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terra dedicada ao cultivo.

    2. Tempo que dura a sementeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato creado na Fábrica de Tabacos da Coruña en 1917, cunha estrutura estritamente mutualista e que contou cun reducido número de afiliadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de laborioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi traballador e está interesado no seu labor.

    2. Que custa moito traballo ou esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente do movemento obreiro que retomou a herdanza dos movementos cartistas, dos fabianos e das Trade Unions. Trala formación do Labour Party, desenvolveu un programa político inspirado en ideais e prácticas do reformismo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao laborismo.

    2. Partidario do laborismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e fisiólogo. Inicialmente cirurxián, en 1952 foi o primeiro en introducir os psicofármacos en terapéutica empregando a clorpromazina como coadxuvante da anestesia total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dialecto do éuscaro situado entre o alto navarro e o baixo navarro.

    VER O DETALLE DO TERMO