laboratorio
(
-
s
m
[QUÍM/MED]
Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos ou probas e ensaios industriais. Aínda que a miúdo con esta palabra se entende o laboratorio químico e o farmacéutico, son importantes tamén os de fisioloxía, de histoloxía, de toxicoloxía e de electrónica, entre outros. Pódense clasificar en laboratorios de ensaio, tanto de primeiras materias como de produto elaborado, e laboratorios de investigación, que pode ser pura ou aplicada.
-
laboratorio fonético
[LING]
Conxunto de instrumentos, instalacións e servicios anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.
-
laboratorio fotográfico
[IMAX]
Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.