Laboratorio Xeolóxico de Laxe

Laboratorio Xeolóxico de Laxe

Institución científica galega fundada polo profesor Isidro Parga Pondal en 1940 e que se dedica ao coñecemento xeolóxico de Galicia e ao Hercínico Peninsular Ibérico. Realizáronse multitude de traballos, como publicacións de cartografía xeolóxica. En 1979 trasladouse o fondo documental, a hemeroteca e a biblioteca desde Laxe á nova sede do laboratorio na fábrica de Sargadelos (A Coruña).