"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á selenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en selenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga capital dos seléucidas, situada na confluencia do Tigris e da canle do Éufrates, a 70 Km de Babilonia. Fundada por Seleuco I (312 a C), foi un dos centros comerciais máis importantes do Oriente antigo. Foi destruída na expedición de Lucio Vero contra os partos (164), quen se estableceran na outra ribeira, na primitiva fortaleza de Ctesifonte, chamada tamén Seleucia-Ctesifonte.
-
MACIZO
Macizo herciniano situado no SO de Alemaña. Está formado por un zócolo granítico e metamórfico recuberto por materiais do Mesozoico, calcarias e greses. Forma un horst que domina en forma abrupta a chaira do Rin, cunha sucesión de fallas verticais (chanzos), que descenden suavemente cara ao Württemberg. Cara ao O van as augas afluentes do Rin; cara ao L, as augas afluentes do Danubio e o Neckar. Predomina un clima continental de montaña, con invernos moi fríos, e unha vexetación de faias e abetos. A súa economía baséase na agricultura e na gandaría, xunto con industrias téxtiles, de vidro, papel e madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto en que se define unha operación interna que é asociativa. Todo grupo é semigrupo, pero non á inversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, creado en 1983 por iniciativa de Constantino García González, que o dirixiu ata 1996, ano en que asumiu a dirección Manuel González González. Elabora dicionarios e vocabularios e coorganiza os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia. Dos traballos publicados destacan o Dicionario da lingua galega (1990), Léxico da administración castelán-galego (1991), Contribución ao léxico de Álvaro Cunqueiro (1991), Dicionario manual da lingua galega (1991), Pequeno dicionario da lingua galega (1993), Dicionario manual castelán-galego (1996), Dicionario da Real Academia Galega (1997) e Dicionario castelán-galego (2004). Asesorou e revisou un gran número de obras lexicográficas, como Manual básico de economía en galego (1996), Dicionario italiano-galego (2000) e Dicionario galego de termos médicos (2002), entre outras. Publica a revista de investigación lingüística,...
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Coñecido nas fontes árabes por Abū Ibrāhīm al-Šay ẖ . Residiu en Málaga (1013-1020), onde foi secretario do visir ibn al-Arīf e a cuxa morte exerceu o mesmo cargo na taifa zírida de Granada. Foi (1027) xefe das alxamas xudías da taifa, visir e xefe do exército. Publicou un diván con 1742 poemas en hebreo, tres escolmas de poesía relixiosa, diversas obras talmúdicas e varias gramáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. En 1978 gravou con Rodrigo Romaní o disco Milladoiro, coa colaboración de Xosé V. Ferreiros, polo que recibiron o Premio da Crítica dese mesmo ano, e que deu pé á creación do grupo Milladoiro, co que gravou e compuxo a súa abundante discografía. Ao ano seguinte colaborou, xunto con R. Romaní, no disco In Memoriam, de Faíscas do Xiabre. Compuxo a banda sonora da película O lapis do Carpinteiro (2002) e escribiu a biografía Faustino Santalices Pérez (2000). Recibiu diferentes premios con Milladoiro, como o Pedrón de Ouro (1984), o Premio Goya pola banda sonora de La mitad del cielo (1986), o Premio Indie Award (1991) ao mellor disco folk en EE UU, o Premio Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica Galicia (1999) e o Premio á mellor canción en galego dos Premios de la Música 2000 polo tema “Moraima”.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República Federal do S de Europa que ocupa a parte central e N dos Balcáns (102.173 km2; 10.538.000 h [estim 2001]). Limita ao N con Hungría, ao NL con Romanía, ao SL con Bulgaria, ao S con Macedonia e Albania, ao SO co Mar Adriático e ao O con Croacia e Bosnia-Herzegovina. A súa capital é Belgrado.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O centro e o S do país é moi montañoso e está ocupado por importantes cordilleiras e mesetas, con altitudes que moitas veces acadan os 2.000 m de altitude (Durmitor, 2.522 m). Estes relevos son atravesados por fértiles vales fluviais que se dirixen cara ao S e cara ás terras baixas dos arredores do lago Shkodër. As fértiles chairas costeiras esténdense próximas ao porto de Kotor e á cidade adriática de Bar. O N do territorio, Serbia, tamén é montañoso, aínda que moito menos, e está composto por unha chaira inclinada cara ao Danubio e regado polos ríos Tisza, Drava e Sava, formando socalcos de fértiles loess.... -
IGREXAS
Igrexa ortodoxa autocéfala, con xurisdición sobre os pobos que constitúen a Serbia actual. Serbia, cristianizada en tempos de Basilio I de Bizancio (867-886), quedou plenamente vinculada ao patriarca de Constantinopla. En 1219, baixo Estevo II, creouse a Igrexa autocéfala de Serbia, da que o principal organizador foi o monxe Sava. Estevo Dušan Uros IV creou (1346) un patriarcado serbio, con sé en Peč. Suprimido en dúas ocasións (1389 e 1766) a causa do dominio turco, a Igrexa de Serbia foi, finalmente, declarada autocéfala en 1879 e restablecida como patriarcado en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Procedemento de impresión, que tamén se emprega para o estampado de tecidos e para a decoración de diversos obxectos, en que o motivo que se quere imprimir ou estampar é debuxado ou reproducido, habitualmente, nun tecido de seda ou de nailon posto nun marco. Este procedemento realízase mediante máquinas automáticas nas artes gráficas, na industria téxtil e na decoración de diversos produtos industriais.
-
Debuxo reproducido por serigrafía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á serigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica radiolóxica que estuda os órganos en movemento. Consiste na obtención de diversas radiografías da rexión examinada que se practican en breves intervalos de tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo que ten a súa orixe en EE UU. En España creouse en 1955 como un servizo do ministerio de Agricultura, que pretendía prestar axudas aos agricultores, difundir os métodos de explotación e asesorar as cámaras agrarias. En Galicia depende da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, e está estruturado en oficinas agrarias comarcais.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Pradorramisquedo (Viana do Bolo) no límite coa provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.505 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo radicalizado de guerrilleiros palestinos de al-Fatah, constituído en setembro de 1970, para recordar a represión de Hussein I de Xordania contra a OLP, que ameazaba a mesma estabilidade do réxime haxemita e na que morreron cinco mil palestinos. Despois do armisticio os guerrilleiros foron expulsados de Xordania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sexismundo I.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangxi, China, situada ao S do lago Poyang Hu, ao lado do río Hsin Chiang (132.455 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Preboste galorromano. Gobernador da Galia romana (464-486), intentou conciliar a bárbaros e romanos. Foi vencido e morto por Clodoveo I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía dos condutos das glándulas salivares tras a inxección dunha substancia opaca aos raios X.