"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de Orixe creada pola Orde de 20 de abril de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo e Vilapedre, e no barrio de Moreda da parroquia de Lanzós, pertencentes ao concello de Vilalba, e nas parroquias da Balsa e do Viveiró, no concello de Muras. Toma o seu nome da parroquia vilalbesa de San Simón da Costa, que constitúe o seu punto de orixe. Presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala cunha codia afumada e algo graxa. A súa pasta é semidura, con fendas, preta e de cor entre branca e amarela. A característica fundamental deste queixo é o seu afumado, despois do período de maduración que é de sesenta días, que se realiza de forma artesá con madeira de bidueiro. É un queixo entre un 45% e un 60% de materia graxa que se comercializa en dous tamaños distintos, ordinario e bufón, de menor peso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe creada pola Orde de 5 de marzo de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Esta variedade de queixo elabórase nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Caurel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O leite que se emprega procede do gando vacún aínda que tamén se elaboran queixos con leite de gando caprino. Ten un aspecto funxiforme que se consegue atando un pano na base e deixando que a parte superior caia arredor. A súa codia é branca ou amarelada dependendo do punto de maduración e a súa pasta é abrancazada, branda e cun certo sabor ácido. Contén entre un 45% e un 60% de materia graxa que procede de leite enteiro pasteurizado e callado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe protexida creada pola Orde de 18 de xuño de 1993 da Consellería de Agricultura Gandería e Montes. A produción do leite e a elaboración do queixo abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Emprégase o leite de vaca que procede do gando de raza frisona, pardo alpina e rubia galega. Destaca pola súa forma cónica que semella un peito e que lle dá nome. Presenta unha codia branda, con gretas, de cor amarelada ou abrancazada e a súa pasta é branda, con abundantes fendas. O seu sabor é lixeiramente ácido e salgado e só posúe entre o 25% e o 45% de materia graxa, o que o converte no menos graxo dos queixos galegos. É un queixo fresco, cun período de maduración mínimo de sete días.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se queixa moito e con frecuencia.
-
-
queixón.
-
Que manifesta queixa ou tristura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
coxigón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión de dor mediante choros, sons ou palabras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Único libro en galego publicado en vida por Eduardo Pondal e que constitúe un dos máis importantes e representativos do Rexurdimento. Na súa primeira edición (1886), o autor incluíu 91 composicións poéticas, da que forma parte o poema “Os pinos”, texto en que se fundamenta o Himno Galego. Partindo do seu desexo por construír unha épica galega propia, cimentada en diversas tradicións cultas e nas referencias mitolóxicas, das que era un profundo coñecedor, e co apoio da súa formación clásica, Pondal tentou enaltecer os valores do pobo galego a través dun extraordinario exercicio literario. A partir da recreación das vidas dos guerreiros celtas, pobo en que procura as raíces de Galicia, elabora un discurso co que pretende ir máis alá dun cambio na visión de Galicia e dos galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de danzas formado en Ourense en 1994 e dirixido por J. A. Viñas Mira. Constituído por 38 compoñentes, basean os seus espectáculos na cultura tradicional e popular galega.
-
AFLUENTES
Afluente do río Navia pola esquerda que nace na parroquia de Cabanela e desemboca na de Barcia (Navia de Suarna).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, é unha das mulleres pioneiras do movemento feminista en Galicia. No ámbito político, relacionouse con diversos partidos e agrupacións de carácter político, como a UPG. Colaboradora de diversos medios de comunicación e revistas como La Voz de Galicia e Grial, coordina a revista Festa da palabra silenciada, en que as mulleres son protagonistas. Ligada á Xeración das Festas Minervais, iniciouse no campo da narrativa con A orella no buraco (1965), unha das súas obras máis destacadas e na que se reflicten os principios do nouveau roman. No eido do ensaio, ademais de diferentes estudos sobre literatura galega, publicou A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Evidencias (1990), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998) e Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (2004)....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja, drenado polo río Cidacos (1.958 h [2001]). A súa economía baséase na industria conserveira e do calzado e na agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terminación dalgunhas extremidades dos artrópodos en forma de pinza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que se forma un quelato, entre o ión metálico e un ligando bidentado ou multidentado. Supón un cambio notable das propiedades dos ións que a sofren, especialmente no que respecta á coloración e á condutividade eléctrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao órgano que porta unha quela ou pinza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada unha das diferentes especies aniónicas ou neutras que poden establecer dous ou máis enlaces por molécula cun mesmo ión metálico. A natureza dos enlaces establecidos entre o axente quelante e o ión pode ser covalente por compartimento ou por doazón. Os axentes quelantes que máis se empregan son o ácido aminoacético, as diaminas terminais da cadea curta, o EDTA tetrasodio, a oxina, a dimentilglioxina e o anión acetilacetonato.
-
-
Complexo cíclico que resulta da interacción de ligandos bidentados ou multidentados con catións metálicos.
-
Fenómeno que consiste nun grande aumento da estabilidade dos complexos de coordinación cando os seus ligandos son multidentados e orixinan quelatos, respecto a complexos moi semellantes con ligandos monodentados.
-