"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Seco en Leboreiro (Melide). Trátase dunha ponte de cantería do s XIII cun só van. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
-
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Discípulo de Ménard e Rude, creou o tipo de fonte chamada Wallace. Traballou en París nas igrexas de Saint-Eustache e da Trinité.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo bantustán da República Sudafricana, situado no Transvaal setentrional e nororiental, e constituído por seis enclaves sen continuidade territorial. Habitado principalmente pola tribo dos sothos do N, obtivo a autonomía en 1972.
-
-
-
PERSOEIRO
Químico francés. Colaborou no establecemento dos fundamentos da análise espectroscópica. Descubriu o samario, o galio o holmio e mailo disprosio, e considérase un dos fundadores da electroscopia. É autor de Spectres lumineux destinés aux recherches de chimie minérale (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa estadounidense. Foi directora de fotografía das revistas Rolling Stone e Vanity Fair. Destacou polos seus retratos ás figuras do cine, a música, o teatro a literatura ou a política, sempre cunha grande orixinalidade e humor. Ademais, elaborou diversos traballos onde reflectiu a problemática da violencia e da miseria do seu país. Publicou Annie Leibovitz: Photographs (1983), Photographs Annie Leibovitz 1970-1990 (1991) e Annie Leibovitz. Women (1999)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, director de orquestra e músico polaco. Foi discípulo de Ravel, Schönberg e Webern. Compuxo unha Sinfonía (1958), e como teórico escribiu Introdution à la musique de douze sons (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Grecia, situada no mar Exeo, que constitúe un nomós da rexión de Exeo Meridional (2.154 km2; 105.082 h [1991]). A capital é Mitilene. Separada de Turquía polo estreito de Mitilene, ten un relevo pronunciado e costas accidentadas. A poboación habita en pequenas aldeas de pescadores. Colonizada por estirpes eólicas na Antigüidade, distinguiuse polo seu espírito aristocrático e oligárquico. Patria dos poetas Terpandro, Alceo e Safo, tivo cinco cidades importantes, dominadas por Mitilene. Colonizou as ribeiras de Asia Menor e en 417 a C uniuse á Liga Délica. Permaneceu sometida aos turcos entre 1462 e 1913.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romántico. Das súas obras destacan Laka (A pradeira, 1920) e Napoj cienisty (Embriagada de sombras, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta chinés. Coñecido tamén como Li T’ai Po, con 25 anos dedicouse a vagabundear por toda China. En 742 foi aceptado na corte como poeta cortesán, e alí permaneceu durante tres anos. Posteriormente, volveu á súa vida anterior, ata que en 757 entrou ao servizo do príncipe Lin. A súa poesía, de ton hedonista, non se somete ás regras métricas, e nela cántalle á vida, á amizade e á fuxida do tempo. Da súa obra tamén se conservan algúns escritos en prosa e diversas cartas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas, da familia das cupresáceas, de gran tamaño, follas pequenas e con forma de escama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de interese interbancario de Londres que se emprega como referencia en operacións de crédito internacional.
-
GALICIA
Xogadora de baloncesto. Gañou tres títulos da Copa da Raíña (1980, 1981 e 1983) e tres ligas (1976-1977, 1978-1979 e 1981-1982) co Real Club Celta de Vigo. Foi 51 veces internacional absoluta, 15 veces internacional júnior e unha vez campioa de España júnior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome latino Liborius, de orixe incerta. Pode considerarse un derivado do verbo latino libo ‘ofrendar’, ‘consagrado aos deuses’ ou unha variante de Liberio, nome antigo derivado de liber ‘libre’ (masculino de Libertas ‘liberdade’). San Liborio de Le Mans (s IV) celébrase o 23 de xullo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Le Mans. Fundador de numerosas igrexas, invócase contra os cálculos dos riles. O seu culto espallouse por Francia, Alemaña, España e Italia. Na iconografía viste de bispo con báculo e mitra e leva como atributos persoais unhas pedras sobre un libro, ás veces un pavo real ou unha pluma desta ave na súa man. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Historiador e político polaco. Foi un dos que introduciu o socialismo en Polonia. Membro do comité revolucionario de Vilnius (1861), foi arrestado e deportado a Arkhangel’sk. Amnistiado en 1868, presidiu en París o congreso fundador do partido socialista polaco (1892) e representouno no parlamento de Varsovia desde 1919. Das súas obras destaca Historia das institucións do pobo polaco (1887).
VER O DETALLE DO TERMO