Li Bo

Li Bo

Poeta chinés. Coñecido tamén como Li T’ai Po, con 25 anos dedicouse a vagabundear por toda China. En 742 foi aceptado na corte como poeta cortesán, e alí permaneceu durante tres anos. Posteriormente, volveu á súa vida anterior, ata que en 757 entrou ao servizo do príncipe Lin. A súa poesía, de ton hedonista, non se somete ás regras métricas, e nela cántalle á vida, á amizade e á fuxida do tempo. Da súa obra tamén se conservan algúns escritos en prosa e diversas cartas.