"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Erudito francés. Foi catedrático de Literatura Comparada no Collège de France. Da súa produción destaca a obra Études de la littérature comparée (Estudios da literatura comparada, 1846-1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da suborde dos proterosuquios de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo alongado e as patas pequenas e fortes de cinco dedos, dispostas en ángulo respecto ao corpo. Pasaban a maior parte do tempo nos ríos onde se alimentaban principalmente de peixes. Propios de principios do Triásico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e China.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao nariz plano ou pouco prominente. Ex: Do golpe que levou quedoulle o nariz chato.

    2. Que ten o nariz pouco prominente.

    3. Que ten menor relevo ou que é menos agudo do habitual. Ex: As esquinas chatas protexen dos golpes.

    4. Aplícase ao viño ao que lle falta acidez, carácter e sabor propios, ou ao viño escumoso que perdeu a súa efervescencia.

      1. aso ancho e baixo que se usa para tomar viño. Ex: Botoulle un viño no chato.

      2. Bebida que se toma no vaso homónimo ou viño consumido noutro recipiente. Ex: Tomou uns chatos e está bébedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cravo coa punta curta e coa cabeza grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cravar chatolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia illante adhesiva, composta fundamentalmente de gutapercha, alcatrán e resina. Emprégase, ás veces, na fabricación de cintas illantes e dalgúns tipos de cables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Baixo o pseudónimo de Thomas Rowley, publicou unha serie de poemas que imitaban a lingua arcaica dos que se discutiu a súa autoría ata que o editor Skeats a demostrou en 1871. A súa obra renovou a métrica inglesa e considerouse un precedente dos autores románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e patrón de pesca. En Gijón contactou co sindicalismo mariñeiro confederal nos anos trinta do s XX. En 1932 fundou en Cambados o Sindicato de Marineros y Profesiones Varias, adscrito á CNT. Nomeado patrón maior da confraría local nos últimos meses da República, promoveu o paro da flota da sardiña arousá en protesta polos baixos prezos que impuñan os conserveiros. Foi asasinado polos falanxistas nos primeiros días da Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador e filósofo mexicano. Foi profesor de historia xeral e patria, psicoloxía, moral, xeografía e lóxica na Escuela Nacional Preparatoria. Preocupado pola educación, reorganizou o ensino primario e a preparatoria (bacharelato superior). Foi deputado e intentou mellorar as condicións laborais dos educadores. Fundou a Escuela Nacional de Maestros, a Escuela Internacional de Arqueología y Etnografía e, en colaboración con Justo Sierra, a Escuela de Altos Estudios e a Universidad de México (1910); foi ademais membro fundador do Colegio Nacional en 1943. En 1915 formulou dous proxectos de lei: un sobre a federalización da educación e outro sobre a autonomía universitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despide mal cheiro.

    2. Que ou quen pescuda algunha cousa que non lle atinxe.

    3. Nome co que tamén se coñece a bubela, por ter o costume de depositar excrementos na entrada dos niños cunha finalidade disuasoria ante posibles depredadores.

    4. árnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anton Pavlovič Čekhov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Castro de Escuadro (concello de Maceda) e Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.042 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Viktor Stepanovič Černomyrdin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, crítico e periodista. Escribiu À propos d’un cheval (1860), mestura de arqueoloxía e intriga novelística, e unha longa serie de novelas dun psicoloxismo idealizador. Destaca o traballo crítico Profils étrangers (1889), e o ensaio político Espagne politique (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi crítico literario e con Heretics (1905) iniciou as obras de pensamento de tendencia católica. Escribiu obras históricas e sociolóxicas de sentido demócrata e anticapitalista. Destacou tamén como poeta e como novelista, entre outras obras con The Man who was Thursday (1908) e coas narracións policíacas do Padre Brown (1911-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana de construción de automóbiles que Louis Chevrolet e Will C. Durant estableceron en Janesville (Wisconsin) no 1911. No ano 1918 incorporouse ao trust de General Motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade patolóxica de ritmo respiratorio. Caracterízase por un período de apnea, seguido dunha serie de respiracións de amplitude crecente e outras de amplitude decrecente, para acabar novamente cunha pausa apneica. Foi descrita polo escocés Cheyne (1777-1836) e polo irlandés William Stokes (1804-1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio da cidade de San Francisco, California, EE UU, onde se estableceron os inmigrantes chineses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khindasvinto.

    VER O DETALLE DO TERMO