"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferramenta formada por un mango rematado nunha peza de ferro cun extremo en punta e outro con forma de aixada, que se utiliza para cavar en terreos duros ou para arrincar pedras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Entrimo a partir do 1 de xuño de 1909 e subtitulado “Periódico republicano radical”. Dirixido por Vicente González, foi unha publicación de tendencia republicana e anticaciquil, que empregou a sátira para atacar os caciques do distrito de Bande. Editou seis exemplares por trimestre e tivo correspondentes en Lisboa, Bos Aires e Salamanca.
-
PERSOEIRO
Inventor suízo. Profesor de física en Basilea, Zúric e Bruxelas, efectuou diferentes ascensións en balóns aerostáticos da súa invención. Proxectou a construción dun aparato para a inmersión submarina, o batiscafo, que foi construído en Italia co nome de Trieste (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou as funcións analíticas uniformes, as ecuacións diferenciais lineais con coeficientes periódicos e as funcións alxébricas e as súas integrais. Ideou un método de aproximacións sucesivas para resolver ecuacións diferenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Sacerdote e prior da abadía de Rille, en Anjou, foi un dos primeiros en ocuparse da astronomía de posición moderna e, con Adrien Auzout, ideou (1667) o micrómetro de fíos móbiles para dar máis precisión ás observacións astronómicas. Entre 1669 e 1670 mediu a lonxitude do grao de meridiano entre Sourdon (preto de Amiens) e Malvoisin (preto de París). En 1677 investigou sobre a velocidade do son.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción propia dun pícaro.
-
Calidade da persoa pícara.
-
Expresión de mala intención ou burlesca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Quentin, pero polo Tratado de Cateau-Cambrésis (1559) devolveu os puntos ocupados. En 1654 pasou definitivamente a Francia.
-
-
Relativo ou pertencente a Picardie, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Picardie.
-
ariedade da lingua de oïl, que se fala en Picardie, na parte occidental da provincia belga do Hainaut, onde se recoñece oficialmente o picardo (e tamén o valón), e nas rexións de Nord-Pas-de-Calais. Ten certa vitalidade pública con cursos de lingua autóctona e publicacións, e estúdase como materia optativa na escola. Respecto ao francés presenta varias particularidades, entre as que está o mantemento do c latino ante a (picardo: canter, cose; francés: chanter, chose); o artigo feminino la e as formas pronominais mon, ton, son toman a forma le e men, ten, sen, respectivamente.
-
-
PERSOEIRO
Impresor. Traballou en asociación con Agustín Paz, con quen editou nos seus obradoiros tipográficos a Crónica General de España (1541), corrixida por Florián de Ocampo e editada para Juan de Espinosa, rico libreiro de Medina del Campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Comportamento propio dun pícaro.
-
novela picaresca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é propio dos pícaros ou relativo a eles.
-
-
Que ou quen ten astucia ou picardía para realizar algo que lle convén.
-
Rapaz de pouca idade.
-
Personaxe central da literatura picaresca.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor, primeiro marqués de Pidal. Liberal, foi ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1844-1846), da Gobernación (1846-1847), do Estado (1849-1851) e de Estado e Ultramar (1856-1857). Escribiu varios estudos sobre literatura castelá medieval, como El cancionero de Juan Alfonso de Baena (siglo XV) (1851), en colaboración con Eugenio de Ochoa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, crítico e ensaísta. Na súa obra preocúpase tanto do suceso narrado como dos feitos políticos e históricos que o rodean. Irrompeu na eido literario do seu país con La invasión (1967, Premio Casa de las Américas), á que seguiron o libro de relatos Nombre falso (1975) e a novela Respiración artificial (1980, Premio Boris Vian). Posteriormente escribiu Ciudad ausente (1992), coa que elaborou os textos dunha ópera homónima (1995), con música de G. Gandini. Coa súa obra Plata quemada (1997) conseguiu o Premio Planeta en Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de moda infantil fundada en Vigo en 1963. Comezou coa fabricación de pezas de punto para bebé, ata que coa súa expansión, elaborou coleccións para nenos (0-14 anos), embarazadas, complementos e artigos de cosmética, puericultura e decoración. A distribución dos seus produtos realízase a través de tendas propias (a primeira inaugurouse en 1991), franquicias e boutiques multimarcas. O seu volume de exportación internacional abarca máis de vinte países.
-
PERSOEIRO
Pintor sueco. Dirixiu as academias de belas artes de Copenhaguen (1748) e de Estocolmo (1778), e cultivou unha pintura prerromántica de influencia francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide que se localiza nas follas do jaborandi. Presenta unha elevada toxicidade e emprégase en medicina, xeralmente en forma de hidrocloruro ou nitrato, na preparación de pomadas e tónicos para o cabelo e en forma de colirio, para contrarrestar o efecto dos midriáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das rutáceas, de follas alternas pinnaticompostas, con folíolos elípticos e flores pentámeras agrupadas en acios. As follas teñen propiedades terapeúticas. Son propios de América tropical e reciben o nome de jaborandi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
capitón.
-
PERSOEIRO
Político e xurista portugués. Foi militante do Partido Popular Democrático/Partido Social Democrata e deputado na Assembleia Constituinte (1975). Foi ministro de Comercio e Turismo (1976-1977) e primeiro ministro do IV goberno constitucional (1978-1979). En 1981 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro e ministro de Defensa (1983-1985). Escribiu Teoria geral do Direito Civil (1985).
VER O DETALLE DO TERMO