"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Xénero de aves, da familia dos ploceidos, cuxa especie máis común é Q. quelea. É orixinaria do S do Sahara, e ten a plumaxe parda amarelenta, ventre pardo rosáceo, e peteiro vermello, ao igual ca o círculo preorbital. Outras especies son Q. cardinalis e Q. erythrops, esta última coa cabeza vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ezequiel-Leandro Pérez Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quelicerados.

    2. Artrópodo do subfilo dos quelicerados.

    3. Subfilo dos artrópodos co corpo formado por un cefalotórax e un abdome, e seis pares de apéndices articulados, todos no cefalotórax. Comprende tres clases: meróstomos, arácnidos e picnogónidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous membros que forman o primeiro par de apéndices dos artrópodos quelicerados. Acaba en pinza, que consta dun dedo móbil e outro fixo, que comunica cunha glándula velenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do látex da ceruda (Chelidonium majus), de acción espasmolítica, antiviral, antitusíxena que tamén pode actuar como sedante lixeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Zambézia, Moçambique (150.116 h [1997]. É un porto situado ao NL da desembocadura do río Zambeze. Durante os ss XVIII e XIX foi un gran centro do mercado de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rúa estreita ou curta que non está entre as principais dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas flamengos do s XVII. Erasmus Quellinus (Anveres 1607-1678), traballou con Rubens e foi pintor oficial da cidade de Anveres. O seu irmán Artus Quellinus o Vello (Anveres 1609-1668), escultor, foi discípulo de Françoise Duquesnoy en Roma. Traballou no palacio do Dam de Amsterdam, onde colaborou con el o seu curmán, Artus Quellinus o Novo (Saint Trond 1625-Anveres 1700), tamén escultor, e autor do comungatorio da igrexa de Saint Rombaut de Malinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cicatriz viciosa, hipertrófica, branca e dura, que se produce por un exceso de proliferación do tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de queloides múltiples.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quelónidos.

    2. Réptil da familia dos quelónidos.

    3. Familia de réptiles, da orde dos quelonios, cun escudo cuberto por grandes placas xustapostas ou imbricadas, patas grandes adaptadas á natación, dedos cubertos de pel e armados con fortes uñas, pescozo pouco retráctil, cabeza grande e forte e cola curta. Inclúe algúns xéneros propios de mares tropicais e temperados, dos que destacan Caretta, Chelonia e Eretmochelys.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quelonios.

    2. Réptil da orde dos quelonios.

    3. Orde de réptiles, da subclase dos anápsidos, que se caracterizan por ter un tronco amplo e curto, protexido por unha cuncha formada xeralmente por placas óseas revestidas de placas córneas. Os de cuncha corneo-ósea, esta está dividida en dúas partes, unha dorsal ou superior, e outra ventral, unidas entre elas. A parte dorsal está formada por tres filas de placas óseas, as medias ou vertebrais (no centro), as laterais (ao lado das medias) e as marxinais (nos extremos). A parte ventral está formada por unha dobre fila de placas ventrais, de dimensións diferentes segundo a situación, e unhas placas marxinais. A característica máis importante do seu esqueleto é que a columna vertebral está soldada á parte dorsal da cuncha. O cranio presenta unha ausencia total de fosas temporais, a reprodución é ovípara e a incubación está a cargo da irradiación solar. Presentan unha extrema lonxevidade, poden vivir ata 100 anos ou máis. Existen especies de hábitats terrestres, que teñen dedos libres, e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Lisboa, Portugal, situada a 10 km da capital (27.913 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca o palacio de 1747, antiga residencia dos reis de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carral baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edema inflamatorio da conxuntiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do mar da China Meridional, que pertence a Taiwán desde 1949 (188 km2; 57.639 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma invariable que introduce, referíndose a persoas, unha cláusula subordinada en que desempeña a función de suxeito ou complemento, facendo referencia a un elemento anterior.

    2. Forma invariable que introduce, referíndose a persoas, interrogacións directas ou indirectas, con función de suxeito ou complemento.

    3. Forma invariable que introduce, referíndose a persoas, enunciados exclamativos, con función de suxeito ou complemento.

    4. Forma invariable que funciona como suxeito ou complemento en oracións que forman parte doutra principal e que equivale a ‘aquel que’, ‘o que’ ou ‘alguén que’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo en que lle corresponde a unha persoa facer, recibir ou usar algunha cousa.

    2. Orde alfabética que se segue para designar avogado e procurador, cando os litigantes obtiveron o dereito de xustiza gratuíta ou os procesados ou inculpados non nomeen avogados.

    VER O DETALLE DO TERMO