"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que é contrario á hixiene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anticorpo que actúa contra a acción dunha hormona proteica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dada unha aplicación entre conxuntos, f: AB, a antiimaxe dun subconxunto S0B é o subconxunto de elementos de A que teñen a súa imaxe en S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política e económica que se opón a calquera forma de imperialismo. As primeiras análises económicas que denuncian o imperialismo aparecen trala guerra hispano-norteamericana (1898) e a anglo-bóer (1899-1902), son O imperialismo (1902), do economista inglés Hobson, O capital financeiro: fase contemporánea do desenvolvemento do capitalismo (1910), do marxista austríaco Hilferding, O imperialismo: fase superior do capitalismo (1916), do revolucionario ruso Lenin, e Nationalstaat, imperialistischer Staat und Staatenbund (1915), do reformista alemán Kautski. Malia as diferencias teóricas entre estas catro obras, todas coindicen nunha crítica expresa aos fundamentos económicos do imperialismo e ás súas consecuencias políticas e sociais. Non obstante , só na obra de Lenin existe unha exposición doutrinal na que o antiimperialismo é unha doutrina revolucionaria orientada cara á transformación da sociedade; tanto Hobson ou Kautski coma outros autores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antiimperialismo.

    2. Persoa que se mostra contraria ao imperialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se opón á indución.

    2. Relativo ao elemento condutor disposto de forma adecuada para reducir a indución electromagnética a un valor mínimo. Unha resistencia eléctrica bobinada dispón habitualmente de dous fíos paralelos chamados condutores bifilares, de forma que o campo magnético xerado por un sexa anulado polo outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as infeccións.

    2. Fármaco que combate as infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as inflamacións.

    2. Fármaco utilizado para combater a inflamación. Os antiinflamatorios divídense en específicos e non específicos. Entre os primeiros están os sales de ouro e a penicilamina, indicados na artrite rematoide. Entre os segundos existen dous grandes grupos, os corticoides e os antiinflamatorios non esteroidais, que se subclasifican en derivados salicílicos e non salicílicos. Poden utilizarse por vía xeral ou tópica. Tamén o frío pode actuar como antiinflamatorio posto que produce unha vasoconstrición periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado por Alemaña e Xapón o 25 de novembro do 1936 para opoñerse á Internacional Comunista (Komintern). Posteriormente adheríronse Italia (1937), Manchukuo e España (1939), Hungría (1940) e Bulgaria (1941). En novembro de 1941 renovouse o pacto por un período de cinco anos, que non se chegou a cumprir debido á derrota das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que forma a fronteira entre os estados do Líbano e Siria, paralelo á cordilleira do Líbano e separado destas polo val de al-Biqā’. Atinxe a altitude máxima no monte Hermón (ár: Ǧ abal alaykh, 2.814 m). É unha rexión árida e pouco poboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás Antillas.

    2. Habitante ou natural das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo das illas Virxes que ata que foron vendidas aos EE UU no ano 1917 estiveron baixo a soberanía danesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliñación oroxénica submarina que prolonga os relevos de Terra do Fogo en dirección leste ata os relevos volcánicos das illas Sandwich do Sur. Desde alí, bordeando polo S a fosa do Meteoro (8.264 m de profundidade), ten lugar unha inflexión de 180° para enlazar, polas illas Orkney do Sur, cos relevos dobrados da Terra de Graham, na Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas do mar Caribe que constitúen unha unidade autónoma dependente dos Países Baixos (800 km2; 189.474 h [1992]). Comprenden dous grupos de illas: por unha parte, Curação (444 km2; 144.097 [1992]) e Bonaire (288 km2; 10.187 h [1992]) situadas fronte ás costas de Venezuela; por outra, Saba (13 km2; 1.130 h [1992]), Sint Eustatius (21 km2; 1.839 h [1992]) e a metade meridional (a outra metade pertence a Francia) da illa de Sint Marteen (34 km2; 32.221 h [1992]) nas Pequenas Antillas, situadas ao L de Porto Rico. A capital é Willemstad (43.517 h [1992]), na illa de Curação. O Reino dos Países Baixos está representado por un gobernador responsable das relacións exteriores. O neerlandés é a lingua oficial e o florín a moeda oficial. A economía baséase na refinería de petróleo procedente de Venezuela e México, que emprega ao 25% da poboación ocupada de Curação. A agricultura e gandería son pouco importantes e só destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Cadea de illas que se estenden desde a península da Florida ata as costas nororientais de América do Sur en forma de arco, e que separan o golfo de México e o mar Caribe (ou das Antillas) do Océano Atlántico (240.000 km2; 28.000.000 h). Divídense en tres grandes grupos: ao N, as Bahamas e as illas Turks e Caicos, as Grandes Antillas no centro e as Pequenas Antillas ao S. As Grandes Antillas están formadas por Cuba, Xamaica, La Española -dividida entre Haití e a República Dominicana-, Porto Rico e as illas Caimán. As Pequenas Antillas están formadas por dous arquipélagos: as illas de Barlovento ao L, e as illas de Sotavento, ao S, fronte á costa venezolana.
    Xeografía física
    A maioría das illas son cumes emerxidos a partir dun sistema de drobamentos, que enlazan cos macizos de Yucatán, Guatemala e Honduras. As Pequenas Antillas están en relación coas montañas de Venezuela. Nas Grandes Antillas as cadeas montañosas sobrepasan os 2.500 m e rodean...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou mar Caribe Parte do Océano Atlántico situada ao N de América do Sur, ao L de América Central, ao S das Antillas e ao O do arquipélago das Pequenas Antillas (1.950.000 km2). Situado ao S do Trópico de Cáncer, entre os 9° e os 22° de latitude N e os 61° e 88° de lonxitude O, únese ao golfo de México polo canal do Yucatán; a través do canal de Panamá xúntase co Océano Pacífico, servindo de paso aos barcos mercantes. O fondo ten unha media de 3.000 m, con puntos de gran fondura, como o Bartlett Trough, ao S da illa do Gran Caimán (7.680 m), ou a fosa de Xamaica (7.238 m) entre esta illa e a de Cuba. Está dividido en dúas concas pola plataforma submarina de Beata (a 200 m de profundidade), que vai dende a costa de Honduras e Nicaragua ata as de Xamaica e Haití. A salinidade é baixa en relación coa do Océano e a temperatura relativamente alta (24°C) e con pouca variación anual. A corrente do Golfo ten parte da súa orixe no mar das Antillas, con augas que penetran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e político aragonés. Estudiou en Zaragoza e València, para trasladarse a Madrid no 1799 coa intención de ensinar Xeografía e Historia no Seminario de Nobres. A raíz da invasión napoleónica fuxiu a Sevilla (1809) e logo a Palma de Mallorca (1810-1813), onde exerceu como maxistrado da Audiencia e foi vogal das cortes pola Coroa de Aragón, contribuíndo ao desenvolvemento das ideas liberais en Mallorca. Publicou traballos como a Carta sobre la necesidad de asegurar con leyes eficaces la libertad del ciudadano contra los atropellos de la fuerza armada (1811) ou Noticias históricas de don Gaspar Melchor de Jovellanos (1812), xunto a obras de carácter xeográfico como Lecciones de geografía astronómica, natural y política (1804-1806). Máis tarde foi deputado nas Cortes de Cádiz. Morreu asasinado ao se proclamar o réxime absolutista en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos antilocápridos ao que pertence o antílope americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da familia dos antilocápridos.

    2. Familia de mamíferos artiodáctilos que comprende actualmente só o xénero Antilocapra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número do que é logaritmo un número dado; se a é o logaritmo de b, b é o antilogaritmo de a.

    VER O DETALLE DO TERMO