"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de metalizar.

    2. Operación de recubrimento da superficie dun corpo cunha capa metálica ou de aspecto metálico, con fins decorativos, de protección ou para conferirlle ao corpo propiedades específicas do metal. No caso do recubrimento de metais pódese levar a cabo por electrodeposición (galvanostexia), por inmersión (galvanización) ou por proxección do metal, cun soprete especial ou cun tubo de plasma. No caso da metalización de plásticos deposítase, por electrodeposición ou por medio de vapores metálicos, unha película metálica sobre a superficie plástica previamente preparada. Na metalización de pel e de tecidos aplícase enriba da superficie un recubrimento cun pigmento metálico ou con pos metálicos dispersados no seo do material que cobre.

    3. Proceso que se emprega en microelectrónica para realizar circuítos integrados, e que consiste na deposición de metais sobre semicondutores ou illantes. Os contactos que se obteñen sobre o semicondutor poden ser de tipo óhmico ou rectificador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación dos metámeros. Pode ser homónoma, cando todos os metámeros son iguais, ou heterónoma, cando son desiguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración e descomposición das rochas da superficie terrestre pola acción mecánica e química dos axentes erosivos atmosféricos, dos que destacan a auga, o vento e os cambios de temperatura. As plantas tamén colaboran eficazmente na descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reacción en que se substitúe nunha molécula, un átomo de hidróxeno dos grupos -OH, -NH ou -SH, por un radical metilo (CH3). Pode realizarse con sulfato de metilo, ioduro de metilo e diazometano. As aminas poden ser degradadas a olefinas a base de repetidas metilacións, como a metilación exhaustiva de Hofmann, e sucesivas eliminacións ou degradacións de Hofmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de adición en que os compostos con grupos metilenos activos poden combinarse con compostos carbonílicos (aldehidos, cetonas, ésteres) ou nitrilos a, b-insaturados e conducir a produtos de adición no dobre enlace (adición conxugada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •                                       k1

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ouriñar.

    2. enurese.

    3. Emisión involuntaria de ouriños por repleción excesiva da vexiga e relaxación do esfínter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cambios, fundamentalmente na acción da selección natural, que teñen lugar nunha poboación no transcurso dun número de xeracións relativamente pequeno e a escala intraespecífica. Conduce á especiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de microfilmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución extrema das dimensións e do peso dos dispositivos e os compoñentes electrónicos, co fin de facilitar o uso en lugares onde se dispón de pouco espazo (satélites artificiais, foguetes ou proxectís autopropulsados). Esta técnica deu lugar á microelectrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución dunha substancia sólida a pós moi finos. A micronización efectúase mediante unha forte corrente de aire a presión que fai que as partículas choquen entre elas e cun deflector, o que produce a rotura destas partículas. As partículas de pós micronizados teñen menos de 50 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación ou adquisición de mielina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento das especies no espazo, referido aos movementos expansivos de colonización, como aos desprazamentos recorrentes ou aos ocasionais de vexetais e de animais. Aplicado á especie humana, o concepto de migración supón serios problemas conceptuais. Unha definición xeral de mobilidade espacial ten a complicación de ter que sintetizar os diferentes tipos de desprazamentos que realizan os humanos. Courgeau intentouno considerándoa como o conxunto de desprazamentos no espazo físico, de individuos ou grupos de individuos, con algunha duración e distancia. Esta definición considera todos os tipos de mobilidade coñecidos, pero a migración ten como característica específica que leva consigo un cambio de lugar de residencia.
      Estudo e análise
      A medición das migracións humanas implica algunha forma de compartimentación do territorio a través de unidades administrativas ou doutro tipo, a existencia dun límite entre áreas espaciais e un certo intervalo de tempo de permanencia na nova...

      1. Desprazamento cíclico e orientado, xeralmente colectivo, dunha poboación animal, a miúdo con movementos de partida e chegada moi precisos. Practicamente foi constatado en todo o reino animal, aínda que os exemplos máis característicos e evidentes aparecen entre os cordados, especialmente nas aves. Depende tanto de factores externos (cambios climáticos ou térmicos ou alteracións periódicas da cantidade de alimento dispoñible) como de factores internos (hormonas ou ritmos fisiolóxicos). Ademais, poden ser irregulares, motivadas por explosións demográficas repentinas e a necesidade de procurar alimento, como no caso da lagosta, dos lemmings, ou de certas especies de formigas; ou poden ser migracións regulares, que teñen lugar de forma estacional. A migración das aves é común especialmente naquelas rexións onde o clima varía moito, mentres que naquelas outras pouco variables, apenas existen especies de aves migratorias. Un caso significativo é o do paporrubio, que é migratorio nos...

      2. Desprazamento aperiódico dun grupo animal, ou dun individuo, xeralmente a unha distancia considerable. Denomínase nomadismo cando non está orientado e non hai certeza de retorno ao punto de partida, emigración (ou inmigración, se se refire ao punto de chegada) cando acaba coa implantación nunha zona nova, e invasión cando está orientado e un grupo, xeralmente numeroso, deixa a área de repartición normal.

      3. migración parcial

        Migración dunha parte dos individuos dunha especie animal, xeralmente aves, que habitan nunha área determinada.

    2. Desprazamento progresivo dun ou máis dentes.

    3. Fenómeno polo que o petróleo é traspasado do seu lugar de orixe (rocha nai) a outra rocha máis ou menos afastada. O traspaso ten lugar mediante diversos mecanismos, tales como a tensión do gas contido no petróleo, movementos oroxénicos ou aumento de calor da zona.

    4. Fenómeno polo que, na tecnoloxía do envasamento de alimentos, certas impurezas do envase poden pasar ao contido, afectar as súas características sensoriais e contaminalo.

    5. Fenómeno que consiste en establecer unha diferenza de potencial entre dous electrodos somerxidos nunha disolución electrolítica. O campo eléctrico creado anula o movemento browniano dos ións, facendo que estes se dirixan ao electrodo de signo oposto. Entre as súas aplicacións pódense destacar especialmente a electroforese, a electrodiálese e a galvanoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (811-813), xenro de Nicéforo I. En 811 sucedeu a Estauracio coa axuda dos iconólatras. Este feito desagradou de tal maneira ao exército, iconoclasta na súa maior parte, que se rebelou e proclamou emperador ao estratego León V o Armenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (820-829). De familia humilde, conseguiu o mando da garda palatina. Encarcerado e condenado a causa dun complot, á morte de León V foi liberado e proclamado emperador, e con el quedou instituída a dinastía amoriana ou frixia. Durante o seu reinado, os árabes procedentes da Península Ibérica ocuparon Creta (824), e outros, procedentes de África, iniciaron a conquista de Sicilia (827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (842-867), fillo e sucesor de Teófilo. Home famoso pola súa torpeza e luxuria, abandonou o poder nas mans do seu tío Bardas. Baixo o goberno deste, a Igrexa eludiu a autoridade de Roma e consumou o cisma (858). Unha vez establecida a guerra contra os árabes, quixo asumir o mando do exército e foi derrotado en Samosata (859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1034-4101). Subiu ao trono pola vontade de Zoé, a emperatriz viúva de Romano III, coa que casou o mesmo día que morreu violentamente o emperador. Home incapaz para o exercicio da política, deixou todos os asuntos de goberno nas mans do seu irmán Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1295-1320), fillo primoxénito de Andrónico II. Asociárono ao trono en 1295. Combateu sen éxito á fronte do exército bizantino contra os otománs, que se estableceran xa definitivamente en Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1041-1042). Subiu ao trono á morte do seu tío Miguel IV, que o fixera adoptar pola Emperatriz Zoé. De xeito inmediato, tentou retirar á emperatriz nun convento, pero o pobo rebelouse. Foi cegado e recluído nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1056-1057). Designado polo emperador, sucedeu a Teodora no trono imperial. Tivo que enfrontarse a unha insurrección dirixida por Teodosio, presidente do Senado e, en África, á rebelión dunha parte do exército, que proclamou emperador a Isaac I Comneno. Ao ver que as súas tropas leais eran derrotadas en Nicea e que o pobo de Constantinopla o rexeitaba, abdicou (1057).

    VER O DETALLE DO TERMO