"AGR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 482.

  • Regurxitación que expulsan algunhas aves depredadoras formada polos restos non dixeridos das súas presas. Cando unha ave, por exemplo unha curuxa, un azor ou unha gaivota, inxire unha presa, esta primeiro pasa ao estómago -onde se extraen dela os nutrientes-, despois chega á moella, que se encarga de seleccionar os elementos que non son útiles (ósos, poutas, plumas, pelos ou restos do exoesqueleto) cos que conforma a egagrópila, que retorna entón ao estómago, almacénase alí un tempo, e antes de que o animal volva comer expulsa estes restos pola boca. Tamén se denominan pelotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da variación da enerxía libre da formación dunha substancia en favor da temperatura. Permite a análise termodinámica visual da posibilidade dunha reacción química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diagrama termodinámico en que as áreas determinadas por unha curva pechada son proporcionais ás enerxías.

    2. Diagrama termodinámico que ten por coordenadas a temperatura absoluta e o logaritmo neperiano de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha persoa ou animal perda peso.

    2. olverse máis delgada unha persoa ou animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, caracterizadas por presentar inflorescencias en panícula formada por espiguiñas de 4 a 40 flores, estreitamente imbricadas en dúas ringleiras, con glumas máis curtas ca as flores e glumelas inferiores con 3 nervios. En Galicia están presentes as especies E. bahiensis, E. cilianensis, E. lehmanniana, E. minor, E. pilosa e E. spectabilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola agrícola que se puxo en marcha na Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria), baixo o impulso do empresario agrícola Antonio Fernández López (1903-1971) e do mestre galeguista e renovador Avelino Pousa Antelo (1914). Ambos os dous estaban convencidos de que a transformación social e económica do medio rural podía comezar pola escola se esta lograba dedicar o tempo necesario á formación dos nenos dos labradores partindo do seu propio sistema de vida e do coñecemento práctico e efectivo do medio rural natural e social. Con este obxectivo o 1 de febreiro de 1948 inaugurouse a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, totalmente gratuíta para os escolares da parroquia. As clases repartíanse en sesións de mañá, tarde e noite, seis días á semana. Para que a escola fose eficaz en relación co medio circundante, esta tiña que preparar os alumnos e darlles coñecementos en diversos campos, entre eles, no das técnicas agropecuarias. Estas realizábanse in situ nos campos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestar sorpresa ou asombro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra do crego valisoletano Enrique Flórez titulada La España Sagrada, o teatro geográfico-histórico de la Iglesia de España. Comezouse a publicar en 1747, cada un dos volumes é independente, e neles analízase a historia das sés metropolitanas e de cada diocese. Flórez escribiu os 27 primeiros volumes. Dende 1772 continuaron a obra os seus compañeiros agostiños Manuel Risco (ata o tomo 42), Antolín Merino e José de la Canal (43-46). En 1836 a Real Academia de la Historia asumiu a responsabilidade da súa redacción, a partir do tomo 47.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica dun conxunto ou dunha operación entre conxuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Epifanía de Siria 536 - Antioquía?) Historiador e político grego. Cuestor en Antioquía do emperador bizantino Tiberio II, escribiu unha Historia Eclesiástica, que permite o estudo dos ss VI e VII, e que continúa as historias de Sócrates, Sozómenes e Teodoreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servicio de Extensión Agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de sindicatos agrícolas de inspiración católica que concentraron a súa maior actividade entre 1918 e mediados da década de 1920. Aínda que chegaron a existir sete federacións espalladas por toda Galicia, que englobaban a máis de 400 sindicatos agrarios (aínda que moitos deles tiveron escasa afiliación e vida efémera), contaban cunha maior implantación nas zonas gandeiras da Coruña e Lugo. Reunían asociacións profesionais, con fins técnicos e cooperativos, corporativas, interclasistas, paternalistas, apolíticas (aínda que en realidade tiñan un carácter defensivo e contrarrevolucionario), tradicionalistas e, polo tanto, antiliberais. A súa liña de actuación centrouse na defensa da propiedade campesiña, a divulgación de innovacións técnicas (como fertilizantes, insecticidas ou maquinaria industrial) e a difusión do cooperativismo. En 1930 fundouse a Unión Regional de las Federaciones Católico-Agrarias de Galicia, co fin de racionalizar os cometidos das tres federacións que aínda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de artigos sobre historia política moderna e as súas relacións co pensamento e a literatura. Entre outras obras, publicou Vida y obra de Ángel Ganivet (1925), En torno al 98 (1948) e Historia política de la España contemporánea (1956). Foi membro da Academia Española e da Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1983). Catedrática de Lingüística Xeral na mesma universidade, centra a súa investigación na lingüística aplicada na vertente de trastornos na comunicación, na lingüística actual na esfera de fundamentos e correntes para o estudo das linguas e na historiografía da lingüística. Publicou varios artigos en revistas especializadas e libros no campo da epistemoloxía da lingüística, da lingüística xeral e da lingüística aplicada: La investigación lingüística desde la filosofía de la ciencia (A propósito de la lingüística chomskiana) (1986), Las categorías gramaticales (morfológicas) en español (1993) e Introdución a la Lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías para su estudo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de flagrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito evidente e innegable.

    2. Acto ou acontecemento que se está a executar no momento no que se fala del, xeralmente un delito.

    3. Que arde facendo chama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello da Fonsagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO