"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

    1. Facer unha alianza de amizade entre unha persoa ou cousa con outra ou varias entre si.

    2. Facer compatible unha cousa con outra de forma harmónica.

    3. Unirse por vínculos fraternais unha persoa ou cousa con outra ou varias entre si.

    4. Conciliarse dúas cousas de forma harmónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores e arbustos, da familia das bignoniáceas, con follas opostas, xeralmente bipinnadas, con numerosos folíolos. Presenta flores en panículas axilares ou terminais co cáliz acampanado, truncado ou con 5 lóbulos e a corola tubular-acampanada de cor azul a violeta, xeralmente bilabiada, con 4 estames. Froito en cápsula bivalva leñosa con numerosas sementes aladas. Comprende 45 especies nativas de América tropical. En Galicia está presente a especie Jacaranda mimosifolia para uso ornamental polas súas atractivas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Seguidor de M. Fortuny, cultivou a pintura de ambientación do s XVIII (El nieto del general) e o realismo (Una desgracia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (3.568 km2; 1.075.125 h [1998]. A súa capital é Takhmau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Baía situada ao N do Mar Branco, Rusia. Ten 185 km de lonxitude, 67 de largo e 330 m de profundidade máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast´ homónima, Kazakhstán (436.900 h [1999]). É o centro dunha conca hulleira, o que fai que a súa economía estea baseada na industria extractiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast´ de Kazakhstán (428.000 km2; 1.411.401 h [1999]). A súa capital é Karaganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa carreira na compañía de María Guerrero, onde destacou como intérprete de diversas obras de Jacinto Benavente e onde iniciou unha longa traxectoria profesional. Foi unha das primeiras actrices españolas en ser convidadas a traballar en Hollywood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica. Nace na Lagoa Mol (A Retorta), no límite entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Cabral (Vigo). O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que atravesa as parroquias viguesas de Lavadores, Sárdoma (onde recibe o seu principal afluente, o Eifonso, que baixa de Beade), Castrelos (onde aflúe o Barxas), Matamá, Santo André de Comesaña, Navia e Coruxo. Desemboca na ría de Vigo, no límite entre estas dúas últimas parroquias, despois dun percorrido de 14 kms. Na súa desembocadura forma unha xunqueira ao S da praia de Samil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación vexetal de matogueira que se desenvolve de xeito espontáneo sobre solos ácidos sometidos a climas húmidos en substitución do bosque climácico degradado pola actividade antrópica. As ericáceas e as fabáceas son as familias ás que pertencen as especies (breixo e toxo, fundamentalmente) que integran este tipo de formación, que ocupa unha gran parte do territorio galego. Pola súa presenza predominante na paisaxe do arco atlántico europeo adoita denominarse landa atlántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Foi moi popular grazas aos personaxes de comedia que interpretou en numerosos filmes. Destacan El verdugo (1963), de L. G. Berlanga, No somos de piedra (1967), de M. Summers, No desearás al vecino del 5º (1970), de R. Fernández, Las verdes praderas (1979) e El crack (1981), ambos os dous de J. L. Garci, Los santos inocentes (1983), de M. Camus, Premio de Interpretación de Cannes, Sinatra (1988), de F. Betriu, El río que nos lleva (1989), de A. del Real, e La marrana (1992), de J. L. Cuerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico acerbaixano. Discípulo de Bohr, foi profesor nas universidades de Khàrkov e Moscova. Traballou practicamente en todos os eidos da física do s XX: atómica e nuclear, do estado sólido e do plasma, hidrodinámica, raios cósmicos, magnetismo e crioxenia. Diversos fenómenos e teorías levan o seu nome. En particular, desenvolveu a teoría que explica o comportamento superfluído do helio-3 líquido e tamén é o autor da teoría einsteniana do campo unificado. Foi denomiado o Einstein soviético. Entre as súas obras destaca Course of Theorical Physics, nove volumes escritos en colaboración de E.M. Lifshitz. Recibiu a medalla do Instituto Max Planck (1960) e diversos galardóns soviéticos, entre eles o Premio Lenin (1962). En 1962 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre ferromagnetismo, as baixas temperaturas, o helio líquido e física nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ucraíno. Coñecido como Mark Aldanov, escribiu novelas históricas en ruso influídas sobre todo por L. N. Tolstoj. Destaca a tetraloxía Myslitel, sobre a Revolución Francesa e o primeiro imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clavecinista polaca. Estudiou en Varsovia, Berlín e París. Actuou por todo o mundo espallando o coñecemento das obras para clavecín dos antigos autores italianos e alemáns. Manuel de Falla escribiu para ela o seu concerto de clavecín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado o pé de Sierra Morena e regado polo río homónimo (1.836 h [2001]). O seu castelo foi declarado Ben de Interese Cultural (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazada, e con flores en espiga de ata 3 cm de lonxitude rematadas en brácteas púrpuras de ata 5 cm. En Galicia están presentes dúas subespecies (L. stoechas stoechas e L. stoechas sampaiana) en medios secos e abertos. Ten propiedades medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas nos roupeiros, e na elaboración da auga de lavanda.

    2. auga de lavanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Angola e da provincia homónima, situada na costa do Atlántico (2.555.000 h [1999]). É o segundo porto do país despois do de Lobito. No sector industrial destaca a industria alimentaria, azucreira e cervexeira, de artículos manufacturados e de cemento. Tamén ten refinería de petróleo. Fundada polos portugueses en 1576, durante tres séculos foi un centro de exportación de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (2.418 km2; 2.022.000 h [estim 1996]). A súa capital é Luanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que se fala en Uganda e Tanzania.

    VER O DETALLE DO TERMO