"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fármaco antirretroviral (3’-azido-3’-desoxitimidina), nucleótido análogo á timidina, empregado no tratamento da Sida dende 1987.
-
-
Relativo ou pertencente ao azteca.
-
Individuo dun pobo de fala náhuatl que habitaba no altiplano central de México. Os aztecas, chamados tamén tenochcas ou mexicanos, apareceron no val de Anáhuac ao redor da segunda metade do s XII. Por mor da súa extraordinaria organización militar dominaron en pouco tempo todas as outras poboacións do país e estableceron un imperio que se estendeu desde o límite sur do actual Michoacán ata máis alá do istmo de Tehuantepec. Cara ao 1325 os aztecas fundaron Tenochtitlán, erixida nunha illa do lago de Texcoco, que converteron en capital do imperio (actual Cidade de México). En pouco tempo convertéronse en excelentes agricultores, aproveitaron as tradicións culturais dos toltecas, adoptaron a vida urbana e desenvolveron unha importante civilización. En 1376 escolleron o seu primeiro monarca, Acamapichtli. Os primeiros reis foron tributarios das cidades de Atzcapotzalco, dos tepanecas e de Texcoco, o Emperador Itzcoatl (1428-1440) que derrotou as cidades rivais e estableceu unha alianza cos...
-
As linguas faladas no s XVI no territorio que abranguía do denominado Imperio azteca foron moi numerosas. Entre elas destacan o macro-iuma, macro-mixe (totonaca, mixe, etc), mangueño (tlapaneco, chiapaneco, etc), macro-mixteca (mixteca, zapoteca e otomí), chinanteco, tarasco, etc. A lingua do Imperio Azteca era o náhuatl, pertencente ao grupo macro-azteca, que se pensa debeu chegar ao de México a comezos da era, procedente talvez do suroeste dos EE UU. Este grupo de linguas abrangue dende esa rexión ata Centroamérica, entre elas destacamos o shoshon, o iute, o papago, o pima, tarahumara, o tepehua, o huichol, o náhuatl dos toltecas e pipiles, etc. Do náhuatl consérvanse documentos escritos en caracteres latinos, polo tanto pódese trazar a súa historia dende a chegada dos españois ata a actualidade na que aínda conta con un millón de falantes aproximadamente.
-
Arte desenvolvida e difundida polos aztecas. Estes asimilaron as tradicións e estilos dos pobos veciños, especialmente dos toltecas e os mixtecas, e despois de marcalos cunha impronta propia, difundíronos grazas ás súas expedicións guerreiras e comerciais. Consérvanse poucos restos da súa arquitectura. Xa que os palacios e os templos foron destruídos polos conquistadores. Os templos, teocallis, estaban formados por pirámides truncadas e con chanzos, de base cuadrangular; na plataforma das pirámides había un pequeno habitáculo para o deus, ante o que se celebraban as cerimonias relixiosas principais e as públicas con sacrificios de víctimas. O templo principal de Tecnochtitlán, de 30 m de alzado estaba formado por dous templos xemelgos dedicados a Tlaloc e a Huitzilopochtli. Contaba tamén con outras dependencias como unha cerca de caveiras, un xogo de pelota, dependencias sacerdotais ou un templo ao Sol. Na mesma praza alzábanse outros templos e edificios, todos eles destruídos....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas amerindias do Norte e de Centroamérica, unhas trinta aproximadamente, que contan cun reducido número de falantes na actualidade. Este grupo inclúe linguas de tribos tan coñecidas como o comanche, o paiuté, o chochonés e tamén o hopí. Tres linguas mexicanas teñen aínda un número considerable de falantes, o azteca ou nahua cun millón de falantes aproximadamente, o tarahumara, con ao redor de 50.000 e o pima-papago con case 20.000. Consta de dúas familias: o grupo tanoano (ou kiowa-tanoano) e o uto-azteca. A primeira inclúe algunhas linguas faladas no suroeste dos EE UU e o kiowa na zona das Grandes Chairas. A familia uto-azteca é máis extensa e confórmana unha liña de linguas que se falan desde meseta do Colorado ata California, en Centroamérica e en pequenas extensións nas Grandes Chairas. Algunhas delas son: o cahuilla e o luiseño en California, o paiute e o sashoni na Gran Conca, os dialectos ute e comanche nas Grandes Chairas, o hopí e o pina-papago no SO ou...
-
DISTRITOS
Distrito da República Dominicana (2.532 km2; 199.684 h [1993]). A súa capital é Azua de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito de Azua, na República Dominicana (31.481 h [1981]), situada na baía de Ocoa, á beira do mar Caribe, no S do país. Mercado agrícola, ten porto e aeroporto internacional. Fundouna en 1504 Diego de Velázquez co nome de Compostela. En 1751 un tremor de terra destruíu o seu primeiro emprazamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no límite suroccidental da provincia (9.274 h [1996]). Pertencente á comarca de La Campiña de Llerena. Centro agrícola e gandeiro, destacan os tradicionais rabaños ovinos. Hai industrias do moble e de bebidas. Ten un castelo de orixe árabe. A lenda asegura que no seu asentamento estaba o campamento romano no que foi entregada a cabeza de Viriato a Escipión, quen no acto pronunciara a célebre frase: “Roma non paga a traidores” dirixida aos asesinos do xefe lusitano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Encordiar a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Madrid en 1903 para a explotación de fábricas de azucre, refinerías e destilerías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta monocotiledónea da familia das amarilidáceas ou das liliáceas, apreciada por presentar flores grandes e de cores vivas. A especie máis cultivada é Lillium candidum, orixinaria de Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do árabe açuçena ou As-susana ‘lirio’; o nome establece unha relación metafórica coa brancura e pureza da flor. É tamén unha advocación da Virxe María. Como nome de orixe semítica constitúe un par léxico de Susana. A súa festividade celébrase o 15 de agosto.
-
-
de azucrar.
-
Que contén azucre.
-
-
-
Adozar con azucre, botarlle azucre a algún alimento ou bebida.
-
Suavizar ou adozar algunha cousa.
-
-
-
-
Substancia doce, cristalina, soluble en auga, branca ou incolora cando é pura, que está presente no zume de gran número de plantas. Os azucres, tamén chamados glícidos, están divididos en monosacáridos, oligosacáridos e polisacáridos. O máis empregado en alimentación é a sacarosa, disacárido formado por glucosa e frutosa, obtida sobre todo da remolacha e da cana de azucre; tamén se obtén doutras plantas como o millo doce, o sorgo doce, a palmeira de dátiles e o pradairo de azucre. A tecnoloxía azucreira permite, en cada caso, a extracción e purificación da sacarosa, que pode estar contida en distintas partes do vexetal: no zume (sorgo, cana), nos grans (millo), no líquido protoplasmático da raíz (remolacha), no froito maduro (palmeira) e no zume da cortiza (pradairo). A extracción a partir da remolacha, cun contido do 10 ao 20% de sacarosa, consiste en: limpeza con auga; corte en toros; extracción por difusión en auga quente ou por contracorrente, co que se obtén un líquido verdoso e un...
-
azucre candi
Azucre purificado e cristalizado en cristais grandes.
-
azucre lustre
Azucre en po, moído e peneirado.
-
-
-
Nome xenérico de gran número de substancias doces análogas á sacarosa.
-
azucre de fécula
Gñicosa líquida obtida por hidrólise do amidón.
-
azucre de leite
lactosa.
-
azucre de malta
maltosa.
-
azucre de uva
glicosa.
-
...
-
-
-
-
Pertencente ou relativo ao azucre.
-
Que produce azucre.
-
Recipiente para o azucre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde a auga do muíño queda encorada.
-
PERSOEIRO
Matemático, historiador e novelista. As súas obras máis destacadas son: El tamaño del infierno (1974), Un tal José Salomé (1975), La casa de las mil vírgenes (1983) e El matemático (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou crítica literaria e pezas dramáticas, pero foi coñecido polas súas novelas, das que destacan María Luisa (1907), Los fracasados (1908), Mala Yerba (1909), onde xa se rexistran os trazos que caracterizan a súa obra (a sátira social, o realismo cru na expresión e unha construción clásica da novela). Con Andrés Pérez maderista (1911) iníciase o ciclo sobre a revolución mexicana onde se rexistra o desencanto do autor polos logros do movemento. A súa novela de máis sona é Los de abajo (1916), Premio Nacional de Literatura, na que mediante unha técnica concisa dá a súa visión da revolución mexicana. A esta obra seguíronlle Los caciques (1917), Las moscas (1917) e os relatos agrupados en Domitilo quiere ser diputado (1918), La Malhora (1923), El desquite (1925), La luciérnaga (1932), Pedro Moreno, el insurgente (1934), Avanzada (1940), Nueva burguesía (1941),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península de Panamá na costa do Pacífico, tamén coñecida como Península Los Santos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
azourido.
-
-
Que é de cor semellante á do mar ou á do ceo sen nubes durante o día. Trátase dunha cor con moitos matices, que se indican coa axuda doutro adxectivo: azul mariño, azul turquesa, azul celeste, etc.
-
A cor azul.
-
nome heráldico da cor azul; representase graficamente mediante liñas horizontais.
-