"Bor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 827.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha das teorías da calor específica dun sólido cristalino, baseada na aplicación dun espectro acústico ás vibracións da rede.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Vigo, no litoral meridional da península do Morrazo, situada ao O da punta da Moa, na parroquia de Meira (concello de Moaña).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre localizado na parroquia de Meira (Moaña). Ten dúas áreas diferenciadas: a inferior, un conxunto de trece embarcacións; a O, un conxunto de figuras humanas esquemáticas, en grupo ou illadas, que miran cara ao conxunto das embarcacións. O perfil de oito das embarcacións está trazado cun arco cóncavo cos extremos estilizados en forma de ‘pescozo de cisne’. Semella que todo o conxunto xira ao redor dunha embarcación central que remata a proa e popa con zoomorfos. Segundo Alonso Romero, que o descubriu en 1973, son unha representación das embarcacións de coiro que se empregaron nas costas galegas durante a Idade do Bronce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a un certo tipo de pedra branda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao borne.
-
ENSEADAS
Enseada da beira setentrional da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia de Abelleira (concello de Muros), entre as puntas de Abelleira, ao O e a Romeira, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza condutora dun dispositivo eléctrico, que serve para efectuar as conexións dos fíos condutores, que son suxeitados xeralmente por un parafuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, un borne. Relaciónanse tamén con esta caste o apelido Borda.
-
PERSOEIRO
Escritor adscrito ao movemento da Nova Alemaña. Fixo crítica literaria politizada con linguaxe periodística.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tipo de pedra dura e de cor negra empregada na construción da moa do muíño fariñeiro.
-
Moa do muíño fariñeiro construída cun tipo de pedra que recibe o mesmo nome.
-
-
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Esteiro (concello de Muros), situada ao O da praia de Fontenla
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Negreira. As súas armas levan, en campo de azul, unha borneira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borneiro e Bornaz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fariña moída cun tipo de pedra dura e negra chamada borneira.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Borneiro (Cabana), aséntase no cumio dun montículo. A actividade neste castro remóntase ao s VI a C e dáse por finalizada no s I d C. As escavacións aquí realizadas puxeron de manifesto que o poboado estaba defendido por varias liñas de murallas tendo como único acceso coñecido unha pequena porta exterior situada, así mesmo, entre dúas murallas. As vivendas atopadas dentro do recinto amurallado son todas moi similares, con planta circular irregular ou do tipo de planta alongada, arredondada nos extremos. Atopáronse tamén pequenos muros de unión ou limitadores de vivendas, con escasa separación de paredes exteriores. Ten tamén un barrio exterior, entre ambos os dous recintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado no lugar de Vilanova, na parroquia de San Xoán de Borneiro (Cabana). Foi un mosteiro familiar fundado por Arxilo Peláez. No ano 1095, foi doado ao mosteiro de San Xián de Moraime (Muxía).
-
ILLAS
Illa do arquipélago malaio (entre os océanos Índico e Pacifíco), a terceira do mundo pola súa superficie, despois das de Grenlandia e Nova Guinea (743.385 km2; 15.316.000 h [estim 1995]). Esténdese en latitude entre os 6° 58’ N e os 4° 9’ S, e en lonxitude dende os 108° 48’ L ata os 119° 14’ L. O seu territorio repártese entre tres estados: Indonesia (provincias de Borneo Central ou Kalimantan Tengah, Borneo Meridional ou Kalimantan Selatan, Borneo Occidental ou Kalimantan Barat, e Borneo Oriental ou Kalimantan Timur), Malaisia (estados de Sabah e Sarawak) e Brunei. Distínguense dous sectores: a parte central e setentrional, accidentada por montañas de altura media, que no cume Gunong Kinabalu chega a 4.101 m, e a franxa litoral, na que abundan os terreos pantanosos. O clima é ecuatorial, mantendo unha temperatura elevada de xeito uniforme ao longo do ano (a media anual é de 27,3°C, sendo a temperatura de xaneiro de 26,7°C e a de xullo 27,8°C) e un réxime de precipitacións tamén...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome colonial (obsoleto) de Sabah , estado de Malaisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia terpénica, que na súa forma levoxira é o constituínte principal do alcanfor de ngai, empregado en medicina e perfumería.
-
PERSOEIRO
Ficólogo. Foi un dos primeiros, xunto con Schwendener, en soster que os liques constitúen unha simbiose entre unha alga e un fungo. É autor de Études phycologiques (Estudios ficolóxicos, 1878) e de Révision de Nostocacées hétérocystées (Revisión de Nostosáceos heterocistas, 1886-1888).
VER O DETALLE DO TERMO