"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Magnífico exemplo da arquitectura prerrománica galega, situada en Baños de Molgas. Trátase dun edificio construído no século IX, salientable pola súa disposición de tres naves e tres capelas rectangulares por fóra e por dentro (seguindo o modelo prerrománico asturiano). No interior consérvanse elementos significativos como as celosías de pedra da ábsida, a ara romana que fai ás veces de altar ou a magnífica talla dun Cristo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Xunqueira de Ambía, e que orixinariamente pertenceu ao mosteiro do mesmo nome erixido no século VIII no lugar no que a tradición di que aparecera a Virxe. A finais do século X levántase un novo cenobio ao carón da capela que albergaba a imaxe da Virxe. Posteriormente, no século XII, os monxes residentes incorpóranse á Regra de santo Agostiño e comeza a construírse o edificio do templo actual. A igrexa posúe unha planta de cruz latina con tres naves separadas por arcos lixeiramente apuntados e cruceiro con tres ábsidas na cabeceira. Destacar a solución da cuberta mediante un artesoado de madeira e o falso triforio sobre as naves laterais no interior. No exterior conserva tres fachadas de estilo románico. Do antigo edificio conventual aínda mantén parte do claustro con arcadas oxivais que revelan unha construción máis tardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Palas de Rei, na que destaca a portada occidental, presenta dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre as xambas e no arco exterior aparece un zigzag que chega a formar pequenos dentes de engrenaxe. Conserva tamén a porta meridional, co lintel de lados escaleirados e unha colección de canzorros de proa baixo o beiril do mesmo lado. Esta igrexa está datada a finais do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa tardorrománica dunha nave, cunha capela acaroada a cada lado, e cunha ábsida con columnas de basas e capiteis xa góticos que está situada na Irixoa. Rematando unha porta que conecta unha capela coa sancristía, aparece un tímpano semicircular adornado cun cuadrúpede de perfil que sostén cunha das patas flexionadas unha cruz de gran tamaño, cos brazos iguais e extremos ensanchados. Está flanqueado por un disco sen decoración e por dúas circunferencias sogueadas. É unha recreación dos tímpanos ornados cun Agnus Dei, e a súa cronoloxía sitúase arredor do 1225-1230.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana fundada en 1885, con domicilio en Nova York. Está especializada no campo da electrónica e das súas aplicacións industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación relixiosa quincenal e gratuíta do mosteiro de Poio, aparecida o 14 de febreiro de 1932 e que cesou o 15 de decembro de 1935, no número 99. Foi subtitulada “Revista parroquial de San Juan de Poyo”. Editada e dirixida polo propio párroco nas súas seccións informaba sobre doutrina, homilías e novas da parroquia. Recollía, ademais,   moitos artigos anónimos e poemas en galego do padre Crespo e de Ramón Cabanillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario dominical científico e literario, aparecido o 13 de xuño de 1886 en Pontevedra como voceiro da sociedade Los Amigos del Progreso. Foi impreso por Verea e Quintáns. Dirixido polos irmáns Torcuato e Renato Ulloa, contaba coas colaboracións de Rosario Acuña, Federico Lafuente, Rafael Quesada e Rudesindo Iglesias, entre outros. Contiña seccións de literatura, ciencias e algunha outra sobre novas da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade pontevedresa de carácter estudantil e apolítica. En 1886 estivo presidida por Torcuato Ulloa que compaxinaba este labor coa dirección do semanario do mesmo nome da entidade. A Biblioteca desta sociedade viuse favorecida pola doazón de Eduardo Vincenti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario de estilo neoclásico situado na parroquia de San Mamede da Amil, en Moraña, onde se celebra unha sonada romaría. A orixe desta devoción popular remóntase ao seculo XVIII cando un arrieiro morañés, Sebastián de Castor, véndose na obriga diaria de ter que carrexar auga dende un regacho afastado da súa casa, solicitoulle á Virxe poder atopar unha fonte perenne. Segundo a tradición, a axuda divina non se fixo esperar e o arrieiro deu efectivamente cunha cachoeira na súa horta -que se chamaría fonte da Eira Vella- e puido mesmo construír un muíño nela. Como agradecemento, o campesiño mandoulle a un veciño canteiro que esculpise un altorrelevo coa inscrición “Nuestra Señora de los Milagros 1778” que colocou enriba da fonte. O milagre espallouse rapidamente polos arredores de xeito que pouco a pouco empezou a acudir xente de todas partes que deixaban esmolas para a creación dunha ermida onde se venerase a imaxe da Virxe. Así, no castro da Chan construíuse primeiramente unha capeliña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello utilizado para medir e rexistrar as variacións de viscosidade dunha suspensión de fariña en auga a consecuencia da amilólise producida pola actividade α-amilásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico obtido mediante o emprego dun amilógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiográfico do feto practicado despois da inxección no líquido amniótico de substancias opacas aos raios X. Está practicamente en desuso, pois foi substituída pola ecografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Igrexa románica dunha nave e ábsida semicircular que tamén é coñecida como Santiago da Monxa. No interior destaca o arco triunfal de medio punto coa rosca menor sostida por columnas rematadas por capiteis cubertos de follas, entre as que aparecen facianas humanas e paxaros afrontados. Polo exterior, conserva no lado sur un pórtico lateral, sostido por trabes sobre pés dereitos, e baixo o beiril atópase unha colección de canzorros de proa, con rolos e con tacos en dameiro. A súa cronoloxía sitúaa na última década do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Membro da Asociación Amigos de los Pazos dende 1979 e vicepresidente da mesma. É responsable, xunto co Presidente da Asociación Juan-Manuel López Chaves Meléndez, do Inventario de Pazos y Torres da provincia de Pontevedra, unha colección de libros que recollen, catalogados por bisbarras, a maior parte dos pazos, torres, pousadas, quintas e casas fidalgas. É autor do opúsculo Los pazos agrícolas (1995), pequeno introito dunha obra máis completa na que vén traballando co tamén membro da asociación Carlos del Río Bouzas. Investigador no campo da heráldica e da xeneoloxía, sobresaen os seus traballos sobre o cóengo da S.I.C. de Santiago Ánxo María Amor Ruibal e sobre a ascendencia galega de Simón Bolívar o Libertador. Conferenciante no campo do Patrimonio Artístico e Popular de Galicia e difusor do Camiño Portugués do Norte, así como ilustrador de distintas publicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da viticultura que se ocupa de clasificar e describir botanicamente as especies de videiras, os híbridos e as variedades procedentes do seu cruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra que permite lembrar o sentido do vector de indución magnética producida nun punto preto dunha corrente que circula por un condutor rectilíneo e indefinido. Explícase imaxinando un observador tal que, atravesado de pés a cabeza pola corrente, ve no punto considerado o vector B en sentido de dereita a esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Hungría e de Bohemia (1526-1547). Filla de Ladislau VII de Hungría, casou en 1526 con Fernando de Austria, irmán de Carlos V e sucesor de Luís II de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO