"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Diplomático italiano, duque de Giovenazzo e príncipe de Cellamare. Partidario de Filipe V durante a Guerra de Sucesión, o cardeal G. Alberoni nomeouno embaixador en París, onde conspirou contra o duque de Orléans. Descuberta a conspiración, volveu á Península Ibérica, onde foi nomeado vicerrei de Navarra (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de glicosa no sangue. Normalmente o sangue contén unha cifra constante, que, segundo o método con que se fai a determinación, oscila entre 60 e 120 mg/100 ml do sangue total. Cando os valores desta cifra son superiores fálase de hiperglicemia, e cando son inferiores, de hipoglicemia. A hiperglicemia débese sobre todo por falta de insulina (diabete mellitus). Para a diagnose da diabete non é suficiente, ás veces, a determinación usual da glicemia en xexún. Existen outros métodos complementarios, como o estudo da curva de glicemia; nesta proba determínanse as variacións da cantidade de azucre no sangue trala inxesta dunha cantidade fixa de azucre co que se mide a glicemia aos 30, 60, 90 e 120 minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á glicemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘glicerina’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido que se obtén da glicerina por oxidación con peróxido de hidróxeno. É a aldotriosa máis simple. É un importante produto intermedio no metabolismo dos carbohidratos. A causa do seu carbono intermedio asimétrico, o gliceraldehido é unha molécula quiral e preséntase en dúas formas opticamente activas, que se representan por L (ou +) e D (ou -), designación que se emprega tamén para todas as substancias de estrutura semellante. Tamén recibe o nome de aldehido glicérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido glicérico, que contén na súa molécula o anión CH2OH-CHOH-COO-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á glicerina.

    2. Que deriva da glicerina.

    3. Hidroxiácido que se obtén a partir do ácido α, β-dibromopropiónico por tratamento con óxido de prata. Coñécese nas dúas formas opticamente activas, L (ou +) e D (ou -), e como racémico (DL).

    4. gliceraldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos ésteres de glicerina e ácidos graxos. Atópanse moi estendidos na natureza como constituíntes das graxas e aceites. A esterificación pode ocorrer nun, dous ou tres grupos hidroxilo da molécula de glicerina, formándose monoglicéridos, diglicéridos ou triglicéridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radical trivalente da glicerina.

    2. Grupo de aditivos alimentarios texturizados, que se empregan como emulsionantes, estabilizantes, endurecedores, abrandadores e antisalpicantes, sobre todo en graxas e derivados. Comercialmente preséntanse como mesturas de monoésteres e diésteres. Os que máis se empregan son o lactostearato de gliceril ou lactostearina, o monoestearato de gliceril ou monostearina, o monopalmitato de gliceril e o monooleato de gliceril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fosfoglicérido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación obsoleta do glicerol.

    2. Cold cream que na súa composición ten glicerol en substitución dunha parte da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (473-474). Proclamado en Ravenna co apoio do rei dos burgundios Gundebaldo, foi derrocado por Xulio Nepote. Ordenado sacerdote pola forza, chegou a bispo de Salona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido glicerofosfórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster de glicerol e do ácido fosfórico que resulta da redución do fosfato de dihidroxiacetona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Triol alifático máis sinxelo; é un líquido incoloro, viscoso, de sabor doce, soluble en auga, pero insoluble en éter. O glicerol é un dos compoñentes orgánicos máis importantes que se atopa na natureza, nos aceites e en forma de glicéridos nas graxas animais e vexetais. Obtense por hidrólise dos aceites e das graxas, por fermentación de azucres, industrialmente como subproduto da fabricación de xabóns, e por síntese a partir do propileno. Emprégase como solvente, humectante, plastificante, anticonxelante, emoliente, na fabricación de explosivos (nitroglicerina), resinas alquílicas, produtos cosméticos e preparados farmacéuticos. Tamén recibe o nome de glicerina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparación farmacéutica en que o excipiente se forma por glicerol; o que máis se coñece é o glicerolato de amidón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de xelatina e de glicerol que forma unha masa branda, consistente e transparente, que se emprega como excipiente na preparación de óvulos vaxinais e de cápsulas brandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Estudiou no Conservatorio de Moscova, onde logo exerceu a docencia. A súa obra, exemplo da corrente realista da escola rusa, comprende sinfonías, óperas e ballets.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Katowice, na Alta Silesia, Polonia (213.294 h [1998]). Ten un porto na canle de Gliwice, que enlaza a conca carbonífera de Silesia coa Báltica. É un importante centro industrial (siderurxia, química e alimentación). Desde 1532 formou parte do Reino de Bohemia e desde 1742 do de Prusia. Trala Segunda Guerra Mundial pasou a formar parte de Polonia. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas da cidade (s XIV), o edificio do concello (s XV) e as igrexas de Todos os Santos (s XIII), da Trindade (1409) e de San Pedro e San Paulo (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO