Gliwice
Gliwice
Cidade do voivodato de Katowice, na Alta Silesia, Polonia (213.294 h [1998]). Ten un porto na canle de Gliwice, que enlaza a conca carbonífera de Silesia coa Báltica. É un importante centro industrial (siderurxia, química e alimentación). Desde 1532 formou parte do Reino de Bohemia e desde 1742 do de Prusia. Trala Segunda Guerra Mundial pasou a formar parte de Polonia. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas da cidade (s XIV), o edificio do concello (s XV) e as igrexas de Todos os Santos (s XIII), da Trindade (1409) e de San Pedro e San Paulo (s XIX).