"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Antropónimo masculino que procede do nome hebreo Mosheh, adaptado ao grego e ao latín como Moses ou Moyses. Considérase que este nome xurdiu do verbo hebreo mashah ‘extraer, tirar fóra’, pero a etimoloxía máis convincente sería a que indica que o nome de Moisés parte do nome exipcio mshj ‘parir’, co significado de ‘fillo’. Presenta a variante Moisén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe bíblico. Guiou o grupo de tribos israelitas que saíu de Exipto e se instalou finalmente en Transxordania e Palestina Central. As diversas tradicións recollidas no Pentateuco preséntano como un profeta taumaturgo, enviado por Deus para liberar o pobo de Israel da escravitude dos exipcios. Ao seu xeito, cada unha destas tradicións atribuíalle os prodixios do Éxodo, a alianza con Deus no deserto, a lexislación, a organización do pobo e do culto e a conquista de Transxordania, onde morreu antes de que Xosué emprendese a conquista de Palestina. Ademais do Pentateuco, a tradición xudía atribuíu a Moisés os apócrifos Apocalipse de Moisés e A asunción de Moisés (s I). A súa iconogafía foi diversamente tratada. Os frescos de Dura Europos (s III) e os mosaicos do Sinaí ou de Santa María la   Maggiore de Roma acentúan os aspectos simbólicos con Moisés como artífice do feito de que dunha rocha saíse auga ou a división do mar, como símbolos bautismais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san Penitente e sacerdote. Coñecido como o Etíope, primeiro foi ladrón e despois retirouse ao deserto para facer penitencia. O patriarca de Alexandría ordenouno sacerdote. A súa festividade celébrase o 8 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Coñecido como o Romano, foi apresado por defender o cristianismo e morreu mártir. A súa festividade celébrase o 25 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia meridional, constituída en 1963 ao obter a autonomía administrativa Os Abruzos e que correspondía á provincia de Campobasso ata 1970, cando foi dividida nas dúas provincias actuais: Coampobasso e Isernia (4.438 km2; 316.548 h [2001]). A capital é Campobasso. Esténdese desde a vertente oriental da cordilleira dos Apeninos ata o Mar Adriático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor francés. Intentou xustificar a represión que levara a cabo en Guyenne contra os hugonotes mediante unhas cartas ao rei, que foron a base das súas Mémoires e que tiveron a súa versión definitiva nos Commentaires (1592).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional formada por estados non integrados en ningún dos dous bloques político-militares xurdidos despois da Segunda Guerra Mundial. Fundada en 1961 en Belgrado, os seus membros, maioritariamente estados do Terceiro Mundo, promoven a cooperación mutua para o establecemento dunha nova orde económica e política para contrarrestar o peso das grandes potencias. Tivo os seus antecedentes na Conferencia de Bandung (1955) e celebrou conferencias periódicas: Belgrado (1961), O Cairo (1964), Lusaka (1970), Alxer (1973), Colombo (1976), La Habana (1979), Nova Delhi (1983), Harare (1986), Belgrado (1989), Xacarta (1992), Cartagena de Indias (1995), Durban (1998) e Kuala Lumpur (2003). Coa disolución de URSS (1991) e a desaparición dun mundo politicamente bipolar, o movemento reformulou a súa estratexia poñendo énfase no seu papel de portavoz do Terceiro Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura moitos séculos.

    2. Que ten moitos séculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe moitos septos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento psicoterapéutico que consiste en producir un estado de relaxación próximo ao sono mediante a administración de drogas específicas como o pentotal sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Madame de Staël ou Germaine de Staël, estivo casada co barón de Staël-Holstein e creou un destacado salón literario, onde promoveu as ideas neoclásicas e románticas. De ideoloxía reformadora e vagamente progresista, escribiu De l’influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796), Corinne ou l’Italie (1807), De l’Allemagne (1813) e Considérations sur la Révolution française (1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destrución da substancia renal.

    2. Operación que consiste en separar o ril inflamado das súas adherencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lóbulo posterior da hipófise, unido ao hipotálamo polo talo hipofisario, onde se almacenan as hormonas vasopresina e oxitocina, que están sintetizadas nos núcleos supraóptico e supraventricular do hipotálamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise dun nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista ucraína. De nome Louise Berliawsky, naturalizouse estadounidense e estudou arte en Nova York. A súa obra consiste en reunións de obxectos diferentes, situados en compartimentos de madeira, unificados mediante a cor. Destacan White Column (1959), Mirror Image I (1969) e White Vertical Water (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Fundou o Partit Republicà Català e presidiu a Diputación Provincial de Tarragona. Ingresou en Esquerra Republicana, foi deputado (1931, 1933 e 1936) e vicepresidente das Cortes da República. Exiliouse en Francia (1939), e presidiu as Cortes republicanas do exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iaxe que entraña perigo e moitas dificultades.

    2. Serie de peripecias, aventuras e desgrazas que dificultan a consecución dun obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema grego de vinte e catro cantos, hexamétrico, que se atribúe a Homero (ss IX-VIII a C). Conta, alternando a primeira e a terceira persoa narrativas, as aventuras de Odiseo (Ulises na tradición latina), un dos heroes que asediaran Troia, no seu retorno por mar a Ítaca, a súa terra de partida. A acción transcorre durante os dez anos de peregrinación desde que sae de Troia ata que definitivamente chega ao seu reino. Dividida en tres partes ou elementos, amodo de terceto, a primeira conta a viaxe de Telémaco, fillo de Ulises (Telemaquia); a segunda narra as fantásticas aventuras no regreso do heroe á súa patria (O exilio de Odiseo); e na terceira cóntase como Ulises chega á súa casa e vence os pretendentes da súa muller, Penélope (A toma de Ítaca). Os trazos literarios que o poema reflicte son máis modernos ca os da Ilíada, e ás veces moi próximos aos de Os traballos e os días de Hesíodo e aos dos poemas do ciclo épico que se perderon. A diferenza da Ilíada, na Odisea establécese unha complexa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á odisea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca de París, Francia, afluente do Sena pola dereita (302 km). Nace en Bélxica, no extremo occidental das Ardenas, e entra en Francia antes de Hirson, onde recibe o Gland. Desemboca no Sena augas abaixo de Pontoise, ao O de París.

    VER O DETALLE DO TERMO