Moisés
Moisés
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do nome hebreo Mosheh, adaptado ao grego e ao latín como Moses ou Moyses. Considérase que este nome xurdiu do verbo hebreo mashah ‘extraer, tirar fóra’, pero a etimoloxía máis convincente sería a que indica que o nome de Moisés parte do nome exipcio mshj ‘parir’, co significado de ‘fillo’. Presenta a variante Moisén.