Moisés
Personaxe bíblico. Guiou o grupo de tribos israelitas que saíu de Exipto e se instalou finalmente en Transxordania e Palestina Central. As diversas tradicións recollidas no Pentateuco preséntano como un profeta taumaturgo, enviado por Deus para liberar o pobo de Israel da escravitude dos exipcios. Ao seu xeito, cada unha destas tradicións atribuíalle os prodixios do Éxodo, a alianza con Deus no deserto, a lexislación, a organización do pobo e do culto e a conquista de Transxordania, onde morreu antes de que Xosué emprendese a conquista de Palestina. Ademais do Pentateuco, a tradición xudía atribuíu a Moisés os apócrifos Apocalipse de Moisés e A asunción de Moisés (s I). A súa iconogafía foi diversamente tratada. Os frescos de Dura Europos (s III) e os mosaicos do Sinaí ou de Santa María la Maggiore de Roma acentúan os aspectos simbólicos con Moisés como artífice do feito de que dunha rocha saíse auga ou a división do mar, como símbolos bautismais. A partir do Renacemento, a arte tamén o representou como en Moisés salvado das augas de Veronese, os frescos de Botticelli na Capela Sistina, ou a escultura de Michelangelo na igrexa de San Pietro in Vincolide Roma. A súa festividade celébrase o 4 de setembro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Exipto -
Deceso
Lugar : Transxordania