"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Que serve para explorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está fóra da flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documentación notarial galega, comprendida entre os ss XVI e XIX, que recolle o testemuño oficial dos prezos no mercado público de cada cidade ou vila cabeza de xurisdición nunha data determinada do ano, polo xeral na primavera. A través deste documento con valor xudicial regulábanse os prezos do ferrado de trigo ou centeo das rendas atrasadas, de tal xeito que as clases rendistas garantían o cobro das súas rendas en diñeiro. Para os historiadores, é moi útil para o estudo das variacións dos prezos do gran e os problemas sociais que implicaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Criado en Vigo e fillo de galegos, foi o primeiro olímpico galego, ao competir nas probas de 400 m e 1.500 m libres dos Xogos Olímpicos de Londres 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Reaccionou contra o idealismo dos primeiros novecentistas. As súas primeiras obras foron pequenas figuras femininas de terracota. Realizou figuras caracterizadas polo seu acabado rugoso. Instalado en París en 1939, a súa obra volveuse máis expresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. En Madrid asistiu a clases de pintura con Manuel Gutiérrez Navas. Cultivou a paisaxe, o retrato e a pintura floral, especialmente ao óleo, cun carácter imaxinativo. Empregou as tonalidades sombrías e, co paso do tempo, a pincelada empastada. Realizou exposicións en Monforte de Lemos, Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Madrid e participou, en mostras colectivas, como o XXXVII Salón de Otoño de Madrid (1966), na Primeira Bienal Rexional de Arte de Pontevedra (1970) e na Primeira Bienal Nacional de Arte de Pontevedra (1971). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio de pintura da XVI Exposición Provincial de Arte (Lugo, 1957), a mención especial ao conxunto da súa obra na XIX Exposición Provincial de Arte (Lugo, 1960) e a terceira medalla do Salón de Otoño de Madrid (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. As súas obras adoitan centrarse nos conflitos diarios da clase media. Publicou Maelstrom (1932) e Lola, espejo oscuro (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Exerceu a crónica parlamentaria, foi colaborador de La Mañana e redactor de Tierra Gallega, Heraldo de Galicia, Diario Ferrolano, El Noroeste, El Imparcial, Semana, Blanco y Negro, ABC e La Codorniz. En 1905 trasladouse a Madrid e da súa produción narrativa destaca La tristeza de la paz (1910), Volvoreta (1917), Silencio (1918), Luz de luna (1919), Ha entrado un ladrón (1920), La procesión de los días (1921), Tragedias de la vida vulgar (1922), El secreto de Barba Azul (1923), A miña muller (1924), Huella de luz (1924), La seducida (1925), Las siete columnas (1926), O ilustre Cardona (1927), El país de papel (1929),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destaca Mar do cerne (1987), Son media ducia e parecen cen (1991) e As flores do meu amigo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1978), exerceu como médico ata a súa elección como alcalde de Pontevedra (1999) polo BNG, agrupación pola que fora elixido concelleiro en Samos (1983) e Pontevedra (1987), e na que formou parte do Consello Nacional e da Permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como María Dolores Pradera, traballou como actriz de cine e de teatro e como cantante. Acompañada por Los gemelos, popularizou temas como Amarraditos, La flor de la canela, Fina estampa, Caballo prieto azabache, El tiempo que te quede libre ou El día que se hizo tarde. Da súa filmografía sobresaen Mi vida en tus manos, Antes de entrar dejen salir, Altar Mayor e Inés de Castro, e como actriz teatral participou en Madre, el drama padre, El Jardín de los cerezos, Soledad, La Celestina e Mariana Pineda. Da súa discografía, destaca A mis amigos (1988-1990), María Dolores (1989), Entrañable (1990), Por Derecho (1992), Toda un vida (2000), A Carlos Cano (2000), Esencia de mujer (2001) e As de corazones (2002). Debido á censura, en 1992 recolleu o Premio Larra, que lle fora outorgado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Catedrática de Artes Plásticas e Deseño na Escuela de Artes Plásticas y Diseño de Interiores nº 4 de Madrid. Formouse con D. Díaz Baliño, M. García Patiño e J. Maunat. A súa obra amosa unha figuración a medio camiño entre a realidade e a abstracción. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Extraordinario no V Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), o Primeiro Premio da Dirección General de Bellas Artes (1965), o Primeiro Premio Nacional de Artes Plásticas (1984) e o Primeiro Premio Nacional de Pintura (1990). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións no concello de Tui, Casa de Alba e Dirección General de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Mallorca e príncipe de Acaia (1315-1316), fillo de Xaime II de Mallorca e de Esclarmunda de Foix. Coñecido como Fernando de Morea, estivo nas cortes de Xaime II de Aragón e Federico III de Sicilia, que o enviou como o seu lugartenente na Compañía Catalana. Trasladouse a Gallipoli en 1307 e fixérono prisioneiro os venecianos en Negroponte. Trasladado a Nápoles, foi liberado en 1308 e volveu á corte de Xaime II de Aragón, co que participou na expedición a Almería (1309). En 1312 trasladouse a Sicilia, onde recibiu de Federico III de Sicilia o feudo de Catania e o castelo de Ursino. Participou nas loitas entre Nápoles e Sicilia e en 1314 casou con Isabel de Sabran, neta de Guillerme de Villehardouin, príncipe de Acaia. Posteriormente, casou en segundas nupcias con Isabel de Ibelin. Morreu loitando por defender os dereitos do seu fillo, o futuro Xaime III de Mallorca, fronte a Luís de Borgoña e Xoán de Orsini en Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropónimo que ten a súa orixe no latín flos, floris ‘flor’. Presenta a variante Frol. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.

    2. Estrutura das anxiospermas que porta os órganos da reprodución sexual. A flor típica está composta por catro verticilos: sépalos, pétalos, estames e carpelos. As flores que dependen da polinización por animais adoitan ser grandes e vistosas, mentres que as anemófilas son pequenas e verdosas. En moitos casos as flores aparecen en grupos denominados inflorescencias. Despois da fertilización a flor dá lugar ás sementes e aos froitos.

    3. Substancia que se forma na superficie dalgúns líquidos debido a un proceso de fermentación.

      1. Parte mellor ou máis apreciada de algo.

      2. Momento esplendoroso ou de excelsitude de algo ou alguén.

    4. Parte exterior e máis apreciada das peles curtidas que admiten pulimento.

    5. Expresión aduladora ou palabras afectuosas que se empregan para resaltar as calidades físicas ou morais de alguén.

    6. Virxindade dunha muller.

    7. Produto de repostería propio do Entroido que se elabora con ovo, leite ou auga, fariña e sal. Estes ingredientes mestúranse ata formar unha masa. Esta colócase nun molde metálico con forma de flor e frítese nunha tixola con aceite moi quente ata que adquire a consistencia e textura desexadas; por último, bótaselle un pouco de azucre por riba.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura das anxiospermas que porta os órganos da reprodución sexual. A flor típica está composta por catro verticilos: sépalos, pétalos, estames e carpelos. As flores que dependen da polinización por animais adoitan ser grandes e vistosas, mentres que as anemófilas son pequenas e verdosas. En moitos casos as flores aparecen en grupos denominados inflorescencias. Despois da fertilización a flor dá lugar ás sementes e aos froitos.

    2. Substancia que se forma na superficie dalgúns líquidos debido a un proceso de fermentación.

      1. Parte mellor ou máis apreciada de algo.

      2. Momento esplendoroso ou de excelsitude de algo ou alguén.

    3. Parte exterior e máis apreciada das peles curtidas que admiten pulimento.

    4. Expresión aduladora ou palabras afectuosas que se empregan para resaltar as calidades físicas ou morais de alguén.

    5. irxindade dunha muller.

    6. Produto de repostería propio do Entroido que se elabora con ovo, leite ou auga, fariña e sal. Estes ingredientes mestúranse ata formar unha masa. Esta colócase nun molde metálico con forma de flor e frítese nunha tixola con aceite moi quente ata que adquire a consistencia e textura desexadas; por último, bótaselle un pouco de azucre por riba.

    7. Figura heráldica que representa a flor de lirio formada por un pétalo central erguido e dous curvos cara a fóra; este conxunto, chamado cabeza, está xeralmente unido por unha especie de anel que deixa ver a base ou pé da flor, e ás veces pode estar provista de talo. Desde o s XII é símbolo da casa real de Francia. Brasónanse ao natural, pero pode ter a cor dun esmalte ou dun metal. Tamén recibe o nome de lis.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín flos, floris ‘flor’. Presenta a variante Frol. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolla impresa de poesías líricas en castelán e catalán, e de romances en castelán. A primeira edición coñecida realizouse en Barcelona en 1562 e a derradeira en 1681. A primeira edición consta de 280 pezas, unha delas é bilingüe e catro están en catalán. A máis coñecida é Bella de vós só enamorós. A partir de 1601 a escolla aumentou con máis coplas catalanas e coa canción Los comendadores. O autor é Joan Timoneda, que a debeu editar en València en 1556 ou en 1557.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse co seu pai, o entallador Xoán de París. Realizou, entre outras obras, un retablo para San Lourenzo de Agrón (Ames, 1635); o retablo maior de Santa María de Baio (Zas), coas imaxes de Cristo, o Anxo da Garda e san Pedro (1640); o retablo maior de San Vicenzo de Vimianzo (Vimianzo) coas imaxes do titular, santo Antonio e Nosa Señora da Concepción no primeiro corpo e, Cristo, san Xoán e a Virxe, no superior; un retablo coas imaxes de Cristo, san Xoán, Santiago, san Xoán e a Virxe para Santa María de Frades (A Estrada, 1642); e un retablo colateral para o altar de Nosa Señora do Rosario na igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela, 1655). Documéntase tamén o seu traballo na catedral compostelá en 1657.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, irmán de Xácome de la Flor Vaamonde. Activo na cidade de Lugo (1622), foi oficial de Francisco de Moure. Realizou, entre outras obras, o retablo de San Martiño de Oleiros (Láncara, 1627), coas imaxes de Cristo e san Martiño, co escultor Alonso de Canabal; o retablo maior de Santiago de Piugos (Lugo, 1628), coas efixies de Santiago, santo Ildefonso, san Xoán Bautista e santo Antonio de Padua; as portas do Bo Xesús na catedral de Lugo (1636); e un retablo coas imaxes de Cristo, a Virxe, san Pedro, santo Andrés e san Xoán para San Pedro de Narla (Friol, 1642).

    VER O DETALLE DO TERMO