Fe de Valores
Fe de Valores
Documentación notarial galega, comprendida entre os ss XVI e XIX, que recolle o testemuño oficial dos prezos no mercado público de cada cidade ou vila cabeza de xurisdición nunha data determinada do ano, polo xeral na primavera. A través deste documento con valor xudicial regulábanse os prezos do ferrado de trigo ou centeo das rendas atrasadas, de tal xeito que as clases rendistas garantían o cobro das súas rendas en diñeiro. Para os historiadores, é moi útil para o estudo das variacións dos prezos do gran e os problemas sociais que implicaban.