Fe Judicial, La
Fe Judicial, La
[PUBLIC]
Revista xurídica aparecida na Coruña en 1880. Reapareceu nunha segunda época o 30 de outubro de 1892 co subtítulo de “Revista jurídico-administrativa. Órgano de todas las colectividades judiciales y administrativas de Galicia”. Dirixiuna Manuel Rodríguez Bermúdez e imprimiuse cada dez días nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad. Incluíu traballos xurídicos, unha sección de consultas e información sobre oposicións a notarías e outros postos da Xustiza.