Fe, santa
Fe, santa
Mártir cristiá na Galia. En tempos dos emperadores Diocleciano e Maximiano, o gobernador da provincia tarraconense, Daciano, mandou abrasala nunhas grellas, xunto coa súa nai Sofía e as súas irmás Esperanza e Caridade, por non renunciar á súa fe. Edificouse un santuario na súa honra en Conques (Francia), no Camiño de Santiago. Na iconografía viste túnica longa e manto coma as virxes, e leva como atributo persoal unha grella (símbolo do martirio). A súa festividade celébrase o 6 de outubro.