Fe

Fe
[ONOM]

Antropónimo feminino procedente do latín fides ‘fe’. Xa en tempos do Imperio Romano os cristiáns comezan a darlles un novo contido ás ideas abstractas, como Fides, Concordia ou Felicitas, que pasan a converterse en nomes persoais femininos. Os romanos divinizaron a deusa Fides, personificación da Palabra Dada, e o Rei Numa construíulle un templo no Capitolio, onde se gardaban os documentos públicos. Santa Fe (s V) celébrase o 6 de outubro.

Palabras veciñas

fcem | fe | Fe | Fe | Fe de Valores | Fe e Constitución | Fe Gallega