"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

    1. Non dicir algunha cousa de maneira voluntaria ou involuntaria.

    2. Ignorar algo que cumpría facer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación conxunta do testículo e o epidídimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Palermo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Palermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido palmítico. Dos sales metálicos, que se coñecen como xabóns, destacan o monopalmitato de aluminio, Al(OH)2(C16H31O2), que se emprega como impermeabilizante nas industrias de curtido, papel e téxtiles, e o palmitato de cinc Zn(C16H31O2)2, que se emprega como aditivo do caucho e lubricante na industria dos plásticos. Dos alcalinos, o sódico e o potásico interveñen na composición de moitos xabóns de baño. Entre os ésteres destacan o palmitato de cetilo, principal compoñente do espermaceti, e a palmitina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico saturado presente na constitución das graxas vexetais e animais, que se emprega na manufactura de xabóns e na obtención de palmitatos metálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Triglicérido do ácido palmítico, que se emprega en medicina e nas industrias do xabón e do coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que se dá a diversas palmeiras de América meridional, especialmente á especie Euterpe Edulis, que presentan brotes comestibles.

    2. Gromo tenro e comestible da especie de palmeiras Euterpe Edulis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á panmixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación supurativa de todo o tracto uveal, que enche de pus todo o globo ocular e remata coa destrución deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Beccadelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar estadounidense. Principal especialista en blindados do exército de EE UU, durante a Segunda Guerra Mundial participou nas campañas de Tunisia e Sicilia. Cabeza do terceiro exército, destacou, despois do Desembarco de Normandie (1944), pola súa penetración dentro de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tebas 229? - 343?) Relixioso. Está considerado, tradicionalmente, o primeiro ermitán, pois retirouse ao deserto durante a persecución de Decio. A única fonte biográfica sobre el é a Vita Pauli de Xerome, réplica da Vita Antonii de Atanasio. Segundo esta, foi compañeiro de santo Antón Abade e morreu aos 113 anos. Represéntase como un vello e porta palmeira, cranio, disciplinas e un corvo, que o alimentou durante sesenta anos. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Amiens 1050? - Huy 1115) Monxe e cruzado francés. A lenda atribúelle un papel destacado na predicación e organización da Primeira Cruzada. As súas predicacións, non obstante, foron posteriores ao Concilio de Clermont (1095). Tomou parte na expedición popular que culminou en desastre (1096) e incorporou os restos das súas tropas ao exército de Godofredo IV de Boulogne (1097). Durante o sitio de Antioquía fuxiu (1098), pero despois uniuse ás tropas para entrar en Xerusalén. De volta a Francia, fundou e foi prior do mosteiro de Neufmoustier, preto de Huy. Venerado como beato, a súa festividade celébrase o 8 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar autorización ou liberdade para facer algo.

    2. Facer que algo sexa posible.

    3. Tomarse alguén a liberdade de facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que expresa a influencia dun medio isótropo sobre as forzas de atracción ou de repulsión entre corpos electrizados. Cómpre distinguir entre permitividade absoluta e relativa. A permitividade absoluta é o cociente entre a indución eléctrica ou desprazamento D e a intensidade do campo eléctrico E, e represéntase por å, é dicir, å = D/E. A permitividade do baleiro vale å0 = 8,859×10-12. A permitividade relativa é a relación entre a absoluta e a do baleiro, é dicir k = å/å0. OBS: Tamén se denomina constante dieléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas rizomatosas, da familia das poáceas, que presentan talos duros, follas planas con lígula pilosa e inflorescencias en panícula púrpura, con espículas longas. Viven en lugares húmidos e augas pouco fondas ou tamén en esteiros salobres. En Galicia dáse a especie P. australis, que ten propiedades diuréticas e lactífugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación supurativa da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escrito e crítico literario ruso. Demócrata revolucionario, dirixiu o periódico Russkoje Slovo e foi encarcerado polos seus posicionamentos políticos que fixo públicos no artigo “Sholastike XIX veka” (Escolástica do século XIX, 1861), onde formula os principios democráticos na literatura. Considerado un dos principais expoñentes da intelixencia radical e nihilista rusa, tratou o tema do socialismo en Ocerki po istorii truda (Artigos sobre a historia do traballo, 1863) e en Posmotrim! (Xa o veremos!, 1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Mitilene (Lesbos). De orixe tracia, puxo fin á guerra civil e gobernou Mitilene xunto co tirano Mirsilo. Intentou restrinxir o poder da nobreza e gobernou apoiándose nas clases populares. É autor do aforismo “Debes escoller a oportunidade”. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO