"Marc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 524.

  • PERSOEIRO

    Compositor e crítico musical. Estudiou violín e composición en España e Alemaña. En 1967 foi axudante de Stockhausen na composición colectiva Ensemble. Dirixiu o Organismo Autónomo Orquesta y Coro Nacionales de España (1981-1985), a Orquesta Nacional (1991-1995) e o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM). Autor de máis de 120 obras, recibiu o Premio Nacional de Música (1969 e 2002) e foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador (161-180) e filósofo. Membro dunha familia orixinaria de Hispania, foi cuestor (138-139) e cónsul (140). Casou con Faustina, filla de Antonino Pío ao que sucedeu, xunto con Lucio Aurelio Vero, trala súa morte (161). Interesado polos traballos intelectuais e filosóficos, durante o seu goberno reforzou a centralización administrativa e o poder imperial, reformou as leis penais e reduciu os impostos. Defendeu as fronteiras do Imperio Romano fronte a diversos ataques de marcomanos, vándalos e sármatas e conquistou Mesopotamia (165). En 177 asociou o trono ao seu fillo Lucio Aurelio Cómodo. Seguidor da doutrina estoica, adquiriu o hábito de interrogarse respecto aos seus actos, orixe dos libros Tἀεις εαυτὁν (Meditacións) onde, baixo a máxima de vivir segundo a natureza, examina as cuestións referentes ao natural e ao sobrenatural, á vida, á morte, á virtude e ao vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Barcia do Seixo (A Lama) e Couso (Avión). O seu cumio acada os 920 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que separa as parroquias de Pousada (Baleira) e Furís (Castroverde). O seu cumio acada os 942 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sendelle (Boimorto). Ten planta en escuadra e o acceso faise mediante unha porta baixo arco, que contén un pequeno escudo e unha inscrición coa data de construción de 1614. Pertenceu á liñaxe dos Codesido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cercio (Lalín). O seu cumio acada os 530 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e armador. Estableceuse en Vigo en 1750 e dedicouse á compra e venda dos botíns acadados polos buques corsarios que abordaban aos británicos. Constituíu unha empresa navieira (1760) e construíu a primeira fábrica de salgadura de Galicia (1767?). En 1773 obtivo de Carlos III as primeiras concesións para comerciar coas Antillas. As súas boas relacións permitiron que en 1783 o porto de Vigo se abrise ao comercio con Montevideo e Bos Aires e, desde 1794, ao libre comercio con toda América. Rexedor de Vigo, promoveu a construción da igrexa parroquial de Santa María de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Oirós (Vila de Cruces). Presenta unha cámara poligonal de reducidas dimensións que está constituída a partir de nove lousas chantadas, na superficie dunha das que se localizou uns gravados de liñas ondulantes e a representación dun motivo solar. O achado máis relevante do xacemento foi un enxoval que está formado por restos de cerámica lisa e de tipo campaniforme, e un disco perforado. No contorno foron identificadas un total de quince mámoas máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Tamaguelos (Verín) e Vilar de Cervos (Vilardevós). O seu cumio acada os 661 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no concello de Dozón. O seu cumio acada os 779 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Laza, Cualedro e Sarreaus. O seu cumio acada os 873 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Labrada (Guitiriz) e Momán (Xermade). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Fundador da revista España musical y literaria, escribiu obras teatrais con intención moralizadora e ton humorístico. Destacan Los flacos (1870) e La mujer compuesta (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora. Catedrática de Didáctica de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, preside a Sociedad Española de didáctica de la Lengua y la Literatura.   Publicou máis de cen artigos en revistas especializadas e é autora e editora de varios libros de crítica literaria, ensaio, didáctica do teatro e biografía, as súas liñas de investigación fundamentais son a didáctica da literatura, con atención preferente ao teatro, intertextualidade e estudios sobre muller, lingua e literatura. Entre eles, destacan Ramón Otero Pedrayo. Teatro ignorado (1991), As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993), A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escuela Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996) (2000), en colaboración con A. Serafín Porto Ucha, Avilés de Taramancos: un francotirador da fermosura (2003) e Ramiro Paz Carbajal: 1891-1936, unha vida segada pola barbarie (2003). Recibiu o Premio Tomás Barros de Investigación Teatral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Lalín, Dozón e Rodeiro. O seu cumio acada os 729 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e viaxeiro italiano. Acompañou o seu pai Niccolo e o seu tío Matteo na embaixada preto do gran khan mongol Kublai Khan, encargada por Gregorio IX. Feitos á mar en Laiazzo (1271), atravesaron Armenia e chegaron ao Golfo Pérsico. Desde Persia, pasaron ao deserto de Gobi e chegaron aos confíns de Catai (China) e, finalmente, a Pequín (1275). Protexidos polo gran khan, durante os dezaseis anos de estancia fóronlles confiadas misións importantes en Yunnan, Tíbet, Annam, a Cochinchina e, sobre todo, en Mangi (China central). Co encargo imperial de acompañar unha princesa chinesa a Persia, emprenderon o retorno en 1291 e chegaron a Venecia en 1295. Durante un encarceramento en Xénova, ditou as súas viaxes a Rustichello, que as transcribiu en francés co título de Livre des merveilles du monde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro (Dozón). O seu cumio acada os 845 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Morillas (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Sabucedo (A Estrada) e Quireza (Cerdedo). O seu cumio acada os 504 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Torcela (Piñor). O seu cumio acada os 927 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO