Marco López, Aurora
Profesora. Catedrática de Didáctica de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, preside a Sociedad Española de didáctica de la Lengua y la Literatura. Publicou máis de cen artigos en revistas especializadas e é autora e editora de varios libros de crítica literaria, ensaio, didáctica do teatro e biografía, as súas liñas de investigación fundamentais son a didáctica da literatura, con atención preferente ao teatro, intertextualidade e estudios sobre muller, lingua e literatura. Entre eles, destacan Ramón Otero Pedrayo. Teatro ignorado (1991), As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993), A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escuela Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996) (2000), en colaboración con A. Serafín Porto Ucha, Avilés de Taramancos: un francotirador da fermosura (2003) e Ramiro Paz Carbajal: 1891-1936, unha vida segada pola barbarie (2003). Recibiu o Premio Tomás Barros de Investigación Teatral (1991) e o Premio Ánxel Fole de Investigación Literaria (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Noguera de Albarracín, Teruel