"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • ENTRADA LARGA

    País do Reino Unido que comprende a parte setentrional da illa de Gran Bretaña e as Illas Hébridas, as Illas Orcadas e as Illas Shetland (78.133 km2; 5.120.300 h [estim 1998]). Limita ao S con Inglaterra pola liña da crista das Cheviot Hills, que vai dende o firth Solway, no O, ao val do Tweed, no L. A súa capital é Edimburgo.
    Xeografía física
    Xeoloxicamente, Escocia está formada por unha serie de bloques paralelos alongados de SO a NL, separados por depresións, e que de N a S son: as Highlands ou terras altas do N, a greta do Glen More, os Grampians, a depresión das Lowlands e as Uplands. O arco das Illas Hébridas permanece separado das Highlands pola canle de Minch. As Highlands ocupan case que a metade do territorio escocés e prolónganse cara ao L polas Orcadas e as Shetland. Están constituídas principalmente por un zócolo de rochas metamórficas, aínda que tamén hai áreas volcánicas no O, como o altiplano basáltico da Illa de Mull. Este zócolo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa presbiteriana establecida en Escocia por John Knox en 1550. O Parlamento de Edimburgo declarouna relixión do Estado en 1560. Doutrinalmente é calvinista e ten como textos fundamentais o Book of Common Order (Libro da orde común) e os dous Books of Discipline (Libros de disciplina, 1560 e 1578). En 1929 uníronse a ela diversas pequenas igrexas, que constituíron a Church of Scotland, que designou como cabeza espiritual ao titular do trono escocés, o soberano do Reino Unido, aínda que conservaba a súa independencia no terreo civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escombresócidos.

    2. Peixe da familia dos escombresócidos.

    3. Familia de peixes da orde dos ateriniformes ao que pertence o alcrique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á lente que ten unha cara esférica e outra cilíndrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula globosa do talo das rodofíceas rica en bromo e iodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma patoxénica dos eritrocitos, que adquire unha forma esférica, moi abundante no sangue dos afectados pola esferocitose hereditaria, a drepanocitose e as anemias hemolíticas autoinmunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.

    2. Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con itericia e esplenomegalia. A causa é un trastorno da membrana dos eritrocitos, que os converten en esféricos e máis pequenos. Tamén se coñece como enfermidade de Minkowski-Chauffard.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha ferida no nariz ou nos fociños.

    2. Ferirse no nariz ou nos fociños ao caer de bruzos ou tropezar contra algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esócidos.

    2. Peixe da familia dos esócidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos salmoniformes, á que pertence o xénero Esox.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gametocisto produtor de aplanogametos, os espermacios, propio das plantas que se reproducen por tricogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula procedente do crecemento e división das espermatogonias dentro do proceso de espermatoxénese. Distínguese entre espermatocito primario ou de primeira orde, que é o resultado do crecemento das espermatogonias, e espermatocito secundario ou de segunda orde, que procede da división meiótica dos espermatocitos primarios e que sofre a segunda división meiótica para orixinar as espermátidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estadio do desenvolvemento embrionario dos trematodos no que o embrión se enquista despois de entrar dentro do hospedeiro intermediario.

    2. Estadio da formación das esporas que precede á súa liberación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dado ás enfermidades producidas por estafilococos patóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano hidroestático do equilibrio que está presente en moitos invertebrados. Cada estatocisto está constituído por unha cavidade central, chea de líquido, delimitada por unha parede de células sensoriais ciliadas, cos cilios dirixidos cara á cavidade central. No interior da cavidade central hai uns corpúsculos móbiles chamados estatólitos, formados por gránulos de carbonato cálcico, de area ou doutros materiais, que, segundo a posición do animal no espacio, descansan sobre unhas células ou outras da parede, e estimulan os diferentes cilios das células; deste xeito proporciónanlle información ao animal sobre a posición do corpo, ou dunha parte do mesmo. Os canais semicirculares do oído dos vertebrados teñen unha función semellante. Tamén se denomina otocisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos estreptococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrutor dun pobo, cultura ou grupo étnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extinción deliberada dun pobo, cultura ou grupo étnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento antropolóxico que sostén que a cultura está composta de estruturas psicolóxicas mediante as que os individuos orientan a súa conduta. A cultura concíbese como o sistema de percepción e organización, entre outros, dos fenómenos culturais, dos obxectos, dos acontecementos, da conduta e das emocións. O maior expoñente desta corrente foi W. Goodenough.

    VER O DETALLE DO TERMO