"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

    1. Cargo e oficio de receptor.

    2. Oficina do receptor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e enxeñeiro. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, foi director do área de estudos, traballos e recursos de Fenosa (1981), director xeral de Unión Eléctrica Fenosa (1983-1989), conselleiro delegado de Unión Eléctrica Española (1989-2002) e presidente do consello de administración de Unión Fenosa (2002). Tamén foi conselleiro de Gibbs and Hill Española, Compañía Española de Industrias Electroquímicas, Electra Conquense, Norcontrol e vicepresidente de Begasa. Escribiu, en colaboración co fotógrafo Xosé Luís Suárez Canal, O Viño (1993). Recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Vigo (1997) e o de comendador da Real Orde do Mérito Civil de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de reitor.

    2. Dependencia ou conxunto de dependencias onde o reitor dunha parroquia ten as oficinas e, xeralmente, a vivenda.

    3. Conxunto de dereitos que forman a dotación dun reitor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de relator.

    2. Oficina do relator.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Providencia do xuíz de instrución para citar un presunto culpable dun delito ou para que se busque e capture un procesado que se ignora onde habita, e que precede á declaración de rebeldía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao canto litúrxico dos salmos executado alternativamente entre o solista e os fieis, que poden retomar un ou máis versos, como volta, ou unha antífona apropiada.

    2. Libro coral que contén os responsorios de matinas, cos invitatorios e as antífonas dos nocturnos. Antigamente formaba un só libro co antifonario; máis tarde foi desglosado no gradual, o antifonario, o tonarium e o responsorial. Desde o s X ten notación musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo e oficio de rexedor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. De nome Antonio Martínez del Castillo, foi un dos directores máis prestixiosos anteriores á Guerra Civil Española. Debutou con La revoltosa (1924), e da súa filmografía destacan Gigantes y cabezudos (1925), Agustina de Aragón (1928), La hermana san Sulpicio (1927 e 1934) e La aldea maldita (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da capital provincial, na Costa del Sol (25.302 h [2001]). A poboación está diseminada. Destaca na agricultura de regadío e de secaño, e na pesca. O seu recurso económico principal é o turismo, atraído polas praias do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento profundo sobre determinadas materias ou conxunto de coñecementos adquiridos mediante o estudo ou a experiencia.

      1. Coñecemento superior, de carácter non só teórico-especulativo senón tamén práctico-moral, relativo á verdade última (ou primeiros principios) do real e ao sentido e destino do mundo, e sobre todo ao do home nel. En Platón e Aristóteles pódese atopar unha acentuación do carácter teórico da sabedoría, mentres que nas filosofías helenísticas está subliñado o seu aspecto práctico. Este carácter teórico-práctico adoita ir acompañado dunha connotación relixiosa, de xeito que a sabedoría significa tanto o coñecemento e a observación da lei divina coma a mesma razón e o sentido último da creación do mundo e do home por Deus.

      2. Ámbito superior da realidade, moitas veces hipostasiado e mesmo personificado, correspondente ao que se pode denominar razón ou logos do cosmos, alma do mundo ou incluso espírito, é dicir, o elemento misterioso que intervén, dándolle sentido, á creación do Universo por Deus. A tradición cristiá identificou a sabedoría veterotestamental co Espírito Santo e o Verbo ou Fillo de Deus.

    2. Característica propia das persoas sabias.

    3. Capacidade de razoar ou actuar con prudencia e mesura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro deuterocanónico do Antigo Testamento. É un dos chamados libros sapienciais, de autor descoñecido, escrito en grego arredor do ano 50 a C, para os xudeus de Alexandría que vivían baixo a ameaza continua de ser seducidos polo paganismo exipcio. Titulado Óïöίá Óáëùì ῶ íïò (Libro da Sabedoría de Salomón), o seu tema central é unha invitación á procura da xustiza, a vontade divina e a sabedoría, conceptos mutuamente equivalentes, baixo o estímulo dunha inmortalidade benaventurada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. Formou parte do grupo de Bloomsbury. Da súa obra destaca o poemario The land (1926), as novelas The Edwardians’(1930) e All Passion Spent (1931), e as biografías noveladas The Eagle and the Dove (1943) e Daughter of France (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado un dos modernizadores da novela vasca, escribiu Egunero hasten delako (Por que comeza cada día, 1969), 100 metro (100 metros, 1976), Ene Jesus (Meu Xesús, 1979), Hamaika pauso (1995), Gorde nazazu lurpean (2000), Gudari zaharraren gerra galdua (2000), Bihotz bi, hilobi bat (2001), Rossetti-ren obsesioa (2001) e Kandinskyren tradizioa (2003). Cultivou tamén a poesía. É membro da Euskaltzaindia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid). Erixiuno Filipe II en conmemoración da vitoria das súas tropas na Batalla de Saint Quentin (1557) e encomendouse a san Lourenzo por ser a súa festividade o 10 de agosto, día do enfrontamento. Comezou a construírse en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista de Toledo e, ao morrer este en 1567, Juan de Herrera fíxose cargo e modificou o proxecto cara a un clasicismo máis severo que recibiu o nome de estilo herreriano, que se caracterizou pola pureza das liñas fronte aos motivos decorativos. Ata 1837 o mosteiro estivo ocupado por monxes xerónimos, pero desde entón está ocupado por agostiños, que instalaron na parte noroeste un colexio. A planta é un gran rectángulo con torres nas esquinas e cun corpo saínte no lado leste que lle outorga a forma de grella, atributo de san Lourenzo. Os elementos principais do conxunto son o mosteiro, o palacio, a igrexa e o panteón. A explanada da Lonja rodea aos lados norte e oeste e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Especializada en literatura infantil, recibiu o Premio Merlín 1990 por Fafarrios (1991). Da súa obra, onde xoga coa palabra e cos conceptos que representan, destacan Rimas con letras (1991), Bichos con gaseosa (1992), Pum-pum! (1993), Cabeciña a paxaros e outras historias (1993, Diploma de Honor IBBY), O Capitán Ro e o gato Bo (1994), Farangulla (2002), A onde van as volvoretas no inverno? (2003) e Rato Pincho ou a verdadeira historia dos ourizos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial fundado en 1960 por Jesús de Polanco -integrado no Grupo PRISA- e creado coa intención de innovar e mellorar a calidade dos manuais escolares. Co tempo estendeuse a outros países, especialmente de Hispanoamérica, e ampliouse coa incorporación doutras editoriais, como Taurus (1974), Alfaguara (1980) e Aguilar (1986). Tamén desenvolveu proxectos propios, como Santillana, de textos escolares; Ediciones Altea (1973), de material infantil; e Richmond Publishing (1992), de inglés. Tamén creou empresas editoras filiais nas comunidades autónomas con lingua propia, como Edicións Obradoiro, en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un sector.

    2. Aplícase á análise económica que estuda a estrutura produtiva da economía a partir da descrición das diferentes actividades económicas agregadas por sectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1911 por Victorià Seix e Lluís e Carles Barral, que se caracteriza pola gran calidade das súas edicións. En 1942 tomou o nome actual e especializouse en libros de arte. En 1974 fusionouse con Ediciones Ariel e en 1982 pasaron ao grupo editorial Planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade ou cargo de senador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao senado ou ao senador.

    VER O DETALLE DO TERMO