Rincón de la Victoria

Rincón de la Victoria

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da capital provincial, na Costa del Sol (25.302 h [2001]). A poboación está diseminada. Destaca na agricultura de regadío e de secaño, e na pesca. O seu recurso económico principal é o turismo, atraído polas praias do sector.