"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexións históricas de Alemaña que antigamente se dividían en Palatinado Renano ou Baixo Palatinado (ao N de Alsacia, na beira esquerda do Rin) e Alto Palatinado (ao NL de Baviera). O seu nome deriva do título de conde palatino que deu Federico I ao seu irmán Conrado (1155). Luís I de Baviera adquiriu o Palatinado Renano (1214), e o seu neto Luís II as terras do Staufen, que se converteron no Alto Palatinado. Polo Pacto de Pavía (1329) dividiuse entre a rama dos Wittelsbach e de Baviera. Durante a Reforma, Federico III do Palatinado fixo da rexión o centro do calvinismo alemán (1546). Maximiliano I de Baviera derrotou a Federico V do Palatinado (1620), anexionou os dominios e recibiu do emperador a dignidade electoral (1623). Coa Paz de Westfalia (1648), o Baixo Palatinado pasou a Carlos Luís, fillo de Federico V, mentres que o Alto Palatinado seguiu unido a Baviera. Despois das guerras napoleónicas, determinouse un Palatinado bávaro, distinto do antigo e limitado á beira esquerda do Rin,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos sete outeiros da cidade de Roma. Lugar tradicional da Roma quadrata de Rómulo, conserva restos de murallas, un tholos e unha cisterna (ss VI-III a C), o templo de Xúpiter Vencedor (295 a C), o da Vitoria (292 a C) e o da Magna Mater (204 a C). Na época republicana, numerosas familias acomodadas construíron nel casas decoradas con frescos e mosaicos e, posteriormente os emperadores Augusto, Tiberio, Calígula e Nerón construíron uns palacios suntuosos. Outras edificacións notables posteriores son a Domus Flavia, a Domus Augustana, o estadio e as termas.
-
-
Relativo ou pertencente ao padal.
-
Aplícase ao óso que se sitúa detrás do maxilar superior e que forma parte do esqueleto máis posterior da cara.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao palacio dun soberano.
-
Relativo ou pertencente ao palacio pontificio. No sacro palacio pontificio manifestouse a influencia da organización do imperio cos seus xuíces palatinos e nuncios. No s XI comezou a preponderancia dos cardeais, e os palatinos insignes reducíronse á administración xurídica e á de bens.
-
Que vive ou traballa no palacio dun soberano.
-
Que ou quen se encarga dalgún oficio, xeralmente de elevada categoría, no palacio dun soberano. Durante o Imperio Romano, recibiron este nome os funcionarios de palacio, entre os que se contaban os administradores de bens, redactores de constitucións e mandatos, o cortexo do emperador, o cuestor de palacio, o conde das liberalidades ou os condes e duques dos militares. Na monarquía franca tiveron importancia sobre todo na persoa do conde palatino. Antigamente aplicouse a altos dignatarios, como os gobernadores de provincia en Polonia ou o xefe supremo de xustiza en Hungría.
-
Antiga escola da corte merovinxia, onde eran educados os fillos da nobreza. Carlomagno reorganizouna e reuniu nela os mellores intelectuais da época, para preparar funcionarios hábiles en letras e na administración do imperio. Foi a primeira realización cultural dunha certa importancia da época medieval.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do veo do padal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
palat(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á consoante prepalatal que se articula no límite entre os alvéolos e o padal duro, tendo como articulador inferior a punta ou a rexión predorsal da lingua.
-
-
Relativo ou pertencente ao padal e á úvula.
-
Pequeno músculo do padal brando que se insire na apófise palatina e na úvula. Contribúe á elevación e ao acurtamento do veo do padal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de investigación instrumental que se emprega en fonética para obter unha imaxe da zona de contacto entre a lingua e o padal nunha articulación dada. A marca do contacto conséguese aplicando sobre a lingua unha fina capa dunha substancia coloreada que deixa unha pegada no padal ao producirse un movemento articulatorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato principal que se emprega en palatografía, que consiste nunha serie de espellos regulables que iluminan o interior da boca dun informante para fotografar a zona de contacto que a lingua produce no padal nunha articulación dada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica da zona de contacto palatal que a lingua deixa mediante o método da palatografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reconstrución cirúrxica do padal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do padal brando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura da bóveda palatina como prolongación da fisura do labio leporino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio construído entre 1905 e 1908 en Barcelona por Lluís Domènech i Montaner. Obtivo o premio do Ajuntament de Barcelona ao mellor edificio de 1908. A sala de concertos, de planta oval e paredes de vidro, con platea e dous pisos, ten capacidade para máis de 2.000 espectadores. Ten un escenario en hemiciclo e un órgano de grandes dimensións. En 1983 levouse a cabo a súa remodelación segundo un proxecto dos arquitectos O. Tusquets e C. Díez, e entre 1985 e 1989 realizouse unha nova reforma. O Orfeó Català ten aquí a súa sede, a biblioteca e o arquivo, entre outras dependencias. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1971 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.685 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e destaca a gandaría porcina e ovina. Ten pequenas industrias téxtiles e de plásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudou en València e París con Charles Koechlin e Maurice Ravel. Membro do Consejo Nacional de Educación Musical, foi director do conservatorio de València. Das súas obras destacan Gongoriana (1927, Premio Nacional de la Música), Marcha burlesca (1936), Atardecer (1945, Premio Nacional de la Música) e a ópera Maror (1953-1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Libreiro, bibliógrafo e escritor. Publicou a obra monumental Manual del librero hispanoamericano (1923-1927 e 1948-1976), onde describe obras en calquera lingua, publicadas por autores nacidos na Península Ibérica e Hispanoamérica. Trátase do repertorio bibliográfico máis completo dentro do seu ámbito. Tamén publicou El año literario y artístico en Barcelona (1895), La biblioteca del marquès de Llió (1909) e Bibliografía de Cervantes (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Representante do renacemento cultural en Catalunya coa fundación das revistas Poesia e Ariel, a partir da década de 1970 converteuse nun punto de referencia para a nova poesía catalá, sobre todo coa publicación de Poemes de l’Alquimista (1977) e Nous Quaderns de l’Alquimista (1983), onde se reflicte o seu erotismo e surrealismo. Escribiu pezas teatrais como Homenatge a Picasso (1972) e publicou, ademais de varios traballos sobre Picasso, Quaderns inèdits de l’Alquimista (1991), Contes despullats (1983) e Poesia al carrer (2001). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1989), o Premio Nacional de Cultura (1996) e o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1999). En 2003 inaugurouse a Fundació Palau, en que se exhiben máis de 200 obras artísticas, entre elas 70 de Picasso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Micronesia, ao O das illas Carolinas (488 km2; 20.000 h [estim 2001]). A súa capital é Koror (12.299 h [1995]). Comprende un conxunto de illas de orixe volcánica e coralina. A súa economía baséase nos servizos, principalmente no turismo, no comercio e na construción, e os principais intercambios comerciais son de produtos agrícolas e alimentarios con EE UU e Xapón. O PNB por persoa é de 6.987 $. As linguas oficiais son o inglés e o palauano. A maioría da poboación é de raza palauana (74,5%), seguida dos filipinos (16%) e dos chineses (3,2%). A relixión maioritaria é a cristiá (36,9% católicos, 26,3% protestantes), aínda que tamén existen cultos propios (10,5%). A súa forma de goberno é unha república en libre asociación con EE UU. Palau goza de plena soberanía pero mediante un acordo de 1933, EE UU dirixe as relacións internacionais e a defensa. Segundo a Constitución do 1 de xaneiro de 1981, o poder lexislativo reside nun órgano bicameral denominado Olbiil era Kelulau...