"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • Construción situada en Santa María de Arnego (Vila de Cruces). Ten planta en forma de U con baixo e piso. A cuberta é a catro augas. Nunha das ás laterais engadiuse un corpo a xeito de galería pechada. O escudo alude aos Mella, Silva, Viveiro e Castro. Conserva unha capela exenta de planta rectangular en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento usado para aplicar a pena de morte. Xeralmente é de madeira e está composto por dous paos cravados no chan ou sobre unha tarima, con outro pau a xeito de traveseiro na parte superior; ou ben dous paos en forma de 7 ou de T, dos que pendura unha corda cun lazo, coa que se aforca ao reo. Empregouse como sistema de execución en toda Europa durante a Idade Media. Persistiu no Reino Unido durante o s XX, ata a abolición da pena de morte. En España usouse ata 1832, ano no que se substituíu polo garrote vil. Na tradición oral recóllense ditos como: “Para os desgraciados fíxose a forca. Non lembres a forca na casa do aforcado. Non lle quero ben nin mal, mais folgaríame velo na forca espernexar.”

      2. Pao con dúas puntas e un traveseiro que se axustaba ao pescozo do reo ao que se lle quería causar afrenta. O verdugo paseaba así o reo a través das rúas.

    1. forcanza.

    2. Paso estreito entre montes.

    3. Aparello onde se poñían a secar as redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. forcanza.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que designa o aparello para botar leña á caldeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha faixa de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral oriental da parroquia e concello do Vicedo, situada ao N da punta da Ventosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite á parroquia de Santa Comba de Carnota (concello de Carnota) coas de Serres e Sestaio (concello de Muros). O seu cumio acada os 474 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica, que desemboca na beira meridional da ría de Cedeira. Nace na parroquia de Labacengos (Moeche). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que penetra nas parroquias de Abade e San Xoán de Moeche, para penetrar despois no concello de San Sadurniño pola parroquia de Bardaos e, despois de virar cara ao N, no concello de Valdoviño pola parroquia de Vilaboa. Encorado pola presa augas abaixo, o encoro das Forcadas serve de límite ás parroquias de Vilaboa e Loira. Superada a presa, o seu curso baixo discorre entre Pantín e Vilarrube, onde desemboca despois dun percorrido duns 20 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cadela de frade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Santiago Fernández Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao que serve para remover as comidas, sobre todo se son líquidas e maiormente se se trata de papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. forcanza.

    2. Cada unha das dúas pezas que ten o arado de madeira a ambos lados da rella e que serven para remover a terra e anchear o suco.

    3. Estadullo en forma de Y que se coloca na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla, para termar da carga.

    4. Pao groso e longo con dúas ou tres gallas que se utiliza para calcar o bagazo ou remexer as papas ou roxóns.

    5. Cavidade do casco da barca a proa, baixo o castelo.

    6. Aplícase á peza, especialmente a cruz, na que as súas extremidades presentan dúas ramas terminais amodo de forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral setentrional da parroquia de Camariñas, no concello homónimo, ao L do Cabo Vilán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Barbanza que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Xuño (Porto do Son), Oleiros (Ribeira) e Lesón (A Pobra do Caramiñal). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura de dúas cousas ou de dúas partes que se separan, como as dúas puntas ou gallas dunha forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da alta Provenza, centrado na cidade de Forcalquier (4.302 h [1999]), situada á dereita de Durance, uns 10 km cara ao interior. Esténdese entre Durance (no límite co condado de Provenza) e os Alpes. Incluía o Gapencès, o Champsaur e o Embrunès. Foi condado independente dende 1054 e con Ramón Berenger V uniuse definitivamente ao condado de Provenza (1209).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento agrícola formado por un pau longo con dúas ou máis puntas ou gallas de madeira ou ferro e que serve, entre outras cousas, para coller esterco, cargar o carro de toxo, mover os feixes de herba ou meter o pan no forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Forcarei.

    VER O DETALLE DO TERMO