"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
GALICIA
Gravador e pintor. Membro dunha familia de orixe italiana, asistiu a clases de debuxo na escola patrocinada polo conde de Ximonde. Na capela do Hospital Real de Santiago (1829) realizou os cadros sobre bronce situados no altar, e na igrexa de Santa María do Camiño pintou o arco toural e a sancristía (1830). Como gravador formouse en Santiago. Nas súas obras recolleu a influencia académica e os gustos populares da época. No ámbito técnico empregou o trazo, curto ou longo, pero non o punteado para acadar as sombras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Profesor no College de France, fixo traballos de xeometría seguindo as directrices de Riemann e de topoloxía sobre as deformacións das superficies. Completou a teoría de grupos esbozada por Galois.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curva pechada que está formada por un conxunto de puntos que é homeomorfo cunha circunferencia. Intuitivamente é o resultado de deformar unha circunferencia elástica sen rompela e sen que coincidan dous dos seus puntos.
-
PERSOEIRO
Escultor. Activo en Valladolid, foi autor do retablo da igrexa de Santa María de Medina de Rioseco e do altar maior e do sepulcro do bispo Pedro de Gasca na igrexa da Magdalena de Valladolid. Non se conservan os retablos que fixo para o convento das Descalzas Reales de Madrid e para o mosteiro de Montserrat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Considerado o mellor xogador de baloncesto da historia, gañou seis títulos da NBA cos Chicago Bulls (1991, 1992, 1993, 1996, 1997 e 1998), foi dúas veces campión olímpico (Los Angeles 1984 e Barcelona 1992), foi elixido cinco veces xogador máis valioso (MVP) da NBA (1988, 1991, 1992, 1996 e 1998), amais de acadar moitas marcas persoais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema segundo o que toda curva pechada e plana determina no resto do seu plano unha partición en dúas rexións, unha delas (interior) é finita, mentres que a outra (exterior) non é finita. Ambas as dúas rexións están separadas pola curva e son conexas, é dicir, é posible unir dous puntos dunha rexión por medio dun arco que non corte a curva dada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(La Habana 1928 - 25.5.2001) Fotógrafo. Coñecido como Alberto Díaz Gutiérrez, foi o creador da fotografía de modas en Cuba. Fundou os Estudios Korda (1953) e traballou como reporteiro gráfico no periódico Revolución. Desde 1968 comezou a traballar no campo da fotografía submarina científica. Foi autor da imaxe máis difundida internacionalmente de Ernesto Che Guevara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sándor Laszlo Korda
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Turkeve, Jasz-Na-gykun-Szolnok 1893 - Londres 1956) Produtor e director cinematográfico húngaro. Coñecido como Alexander Korda, fundou as produtoras London Film (1932), en Londres, e Alexander Korda Film (1941), en Hollywood. Dirixiu The Private Life of Henry VIII (1933), Rembrandt (1936), The Hamilton Woman (1941), Perfect Strangers (1945) e An Ideal Husband (1947).
-
CIDADES
Cidade de Kazakhstán e capital da oblast’ homónima (157.400 h [1999]). Foi capital (1925-1929) da República Socialista Soviética Autónoma de Kazakhastán. Destacado centro industrial, nas súas proximidades localízanse empresas relacionadas coa alimentación e o téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhstán (226.000 km2; 596.344 h [1999]). A súa capital é Kzyl-Orda.
-
PERSOEIRO
Predicador francés. Avogado, entrou no seminario e foi ordenado sacerdote en 1827. En 1830 fundou, xunto con Lamennais e Montalembert, o periódico L’Avenir, que foi condenado por Gregorio XVI en 1834. Someteuse e arredouse de Lamennais, co que polemizou. Obtivo o restablecemento da orde dos dominicos en Francia e, en 1840, pronunciou os votos. Entre 1850-1854 e 1858-1861 foi o superior da orde. Desde 1835 destacaron as súas conferencias en Notre-Dame de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
John Maitland.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xermánico de tradición franca, documentada no s VI como Leonhart ou nas formas do latín medieval Leonardus, Lionardus ou Lonardus, composto do préstamo do latín *leo- ou *lewo- ‘león’ e o adxectivo *hardhu ‘forte, valeroso’. Presenta a forma hipocorística Nardo/Narda. Teñen este nome san Leonardo de Noblac (s VI), celebrado o 6 de novembro, e san Leonardo de Porto Mauricio (1676-1751), celebrado o 26 de novembro.
-
-
-
Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición. Na tradición oral recóllense ditos como: “A liberdade non hai quen a pague, porque non se sabe o que vale. A moita liberdade, bota a perder ás veces a mocidade. Máis vale liberdade con pobreza, que cadea con riqueza. O que ten liberdade non sabe o que ten, se é que o pensa ben”.
-
Permiso que ten alguén para facer algo.
-
Desenvoltura ou naturalidade de movemento.
-
-
-
liberdade civil
Estado dos cidadáns que teñen os seus dereitos protexidos por unha comunidade civil organizada.
-
liberdade condicional
Beneficio que se lle concede a un penado polo que obtén a liberdade ata o fin da súa condena, e que pode ser concedida por unha autoridade xudicial, administrativa ou penitenciaria.
-
liberdade de contratación
Principio polo que toda persoa con capacidade suficiente pode concluír contratos privados con plena autonomía sempre que non atente contra as leis, a moral e a orde pública.
-
liberdade de expresión
Dereito fundamental polo que toda persoa pode manifestar publicamente as súas opinións e crenzas.
-
liberdade de imprenta
Dereito de imprimir canto se queira, coa suxección ás leis e sen censura.
-
...
-
liberdade civil
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no substantivo latino libertatem ‘liberdade’. É un nome ideolóxico recente, de carácter democrático ou libertario, para render culto á idea que encerra a palabra.
-
-
Relativo ou pertencente ás licoperdáceas.
-
Fungo da familia das licoperdáceas.
-
Familia de fungos, da orde das licoperdais, de carpóforo redondeado co peridio dobre e a gleba loculada. A esta familia pertencen os bufos de vella (Lycoperdan).
-
-
-
Relativo ou pertencente ás licoperdais.
-
Fungo da orde das licoperdais.
-
Orde de fungos, da clase dos basidiomicetos, que adoitan ter un carpóforo globoso e liberan nubes de esporas cando rompen.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Torible (Lugo). O seu cumio acada os 601 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que marca o límite entre as parroquias de Friol, Santalla de Devesa e Guldriz (Friol). O seu cumio acada os 522 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO