"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • Que está gornecido con canterlas nos cantos ou nos bordos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar canterlas nas rodas dos carros ou nas zocas con fendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Experto en gastronomía e colaborador habitual nas revistas Club de Gourmets, Sobremesa e Gran Reserva. Crítico gastrónomo do xornal El País, é autor de diversos libros, entre eles, Manual del pescado, Mil pares de huevos, Pícaros, ollas, inquisidores y monjas ou Comer en Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista proteccionista. Definiu o custo como a medida da dificultade que se atopa ao querer obter bens para o seu uso. Foi crítico ante as teorías de David Ricardo sobre o rendemento decrecente da terra, así como sobre o principio malthusiano da poboación. Na súa extensa obra destacan Principles of Political Economy (Principios da economía política, 1837-1840) e Principles of Social Science (Principios da ciencia social, 1857-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos/Carolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Nas súas producións reflíctese o seu interese por Québec, polas comedias musicais e pola poesía. Obtivo unha importante difusión internacional cos filmes La vie heureuse de Leopold Z (A feliz vida de Leopold Z, 1967), Red (Vermello, 1969), La vraie nature de Bernardette (A verdadeira natureza de Bernardette, 1971), Fantastica (1980) e La Guêpe (A avespa), entre outras películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Cale (Mello-en-Beauvaisis ? - Clermont-en-Beauvaisis, actual Clermont-de-l’Oise, Île-de-France, 1358) Líder militar da insurrección campesiña da Jacquerie. Carlos II de Navarra desarmou as súas forzas cerca de Clermont o 10 de xuño de 1358 e conseguiu a rendición da cidade. Carle foi aprisionado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cacarexar as galiñas antes e despois de pór o ovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca da Ribera Alta, regado polo río Magro (14.366 h [1996]). A agricultura ten unha importante presenza con plantacións de hortalizas, árbores froiteiras, ervello de Ceratonia, viña e cereais. O sector industrial baséase nas empresas de transformación alimentaria. Antigo casarío islámico do termo de Alzira, foi poboado por moriscos e cristiáns. A igrexa parroquial de Santa María conserva un Descendemento, do s XVIII, pertencente á escola de Bergara. En 1870 viuse afectado por un tremor de terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista irlandés. Da súa produción destaca a narración breve Traits and Stories of the Irish Peasantry (Características e historias dos labregos irlandeses, 1830) e a novela Fardorougha the Miser (Fardorougha o avaro, 1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor veneciano. Especializado na pintura de vedute (‘vistas’), foi coñecido polos seus cadros conmemorativos das solemnidades da República, reproducidos con finalidade propagandística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e erudito italiano. Escribiu Sulle monete (Sobre as moedas, 1751-1759), dentro da liña do cuantitativismo e do mercantilismo, e Del Commercio Libero dei grani (Sobre o comercio libre do trigo, 1771), onde se manifestaba contrario aos principios da fisiocracia e ao libre comercio do trigo. Tamén escribiu Antichità italiche (Antigüidades itálicas, 1788-1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Como arquitecto maior de Filipe V deseñou o palacio e os xardíns de La Granja de San Ildefonso en Segovia. Foi mestre do seu fillo François Carlier (? - Bayonne 29.12.1760), profesor na Academia de Bellas Artes de San Fernando e deseñador das igrexas do Pardo e das Salesas Reales de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de ouro e prata cuñada por Carlos I de Anjou, rei de Nápoles (1266-1285).

    2. Moeda cuñada polos reis de nome Carlos, como o Emperador Carlos V ou Carlos II de Navarra, ou por outros que se inspiraron neles, como Martiño I de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardo do xénero Carlina, da familia das asteráceas, de follas espiñentas, brácteas involucrais internas coriáceas e longas, e aquenios pilosos que dan lugar a flores de cor amarela. En Galicia están presentes as especies C. corymbosa e C. vulgaris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das asteráceas que reciben a denominación de carlinas ou cardos do cuco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira plana, polo xeral cadrada e solidamente ensamblada, cun burato no que se apoia o extremo inferior do pau e serve de base para encaixar os mastros dos barcos, o cabrestante, etc. No primeiro caso a carlinga descansa sobre a quilla e, no segundo, na cuberta e nos vaos. Fíxase nun sitio cunhas cuñas de madeira que ao desprazarse permiten dar unha maior ou menor caída ao pao.

    2. Espacio dun avión destinado á tripulación e aos pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Cumbria, Inglaterra, Reino Unido (73.233 h [1995]). Situada nunha pequena elevación ao N do macizo de Cumberland entre os ríos Eden, Caldew e Petteril, nun lugar privilexiado de comunicacións, é un importante mercado agrícola comarcal, aínda que o motor do seu desenvolvemento é a industria, especialmente a construción de locomotoras. Conquistada no 70 d C polos romanos, que a chamaron Luguvalium, foi ata o 383 un centro de grande importancia, preto da muralla de Adriano. No s IX foi destruída polos daneses e reconstruída despois da conquista normanda por Guillerme II. Conserva restos das murallas do castelo, modificado no s XVI, e da antiga catedral, sé episcopal desde 1133.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Movemento político xurdido en 1833 no marco do conflito dinástico suscitado pola sucesión á coroa de España ao morrer Fernando VII. Defendía os intereses de Carlos María Isidro de Borbón (1788-1855), irmán de Fernando VII, e dos seus descendentes a ocupar o trono de España. Así mesmo, axuntaba diferentes correntes antiliberais e absolutistas con programas inspirados nas institucións do Antigo Réxime: monarquía absoluta e conservación da preponderancia da Igrexa, resumidos no lema “relixión, rei e foros”. O carlismo arraigou sobre todo no norte da Península, en Galicia, País Vasco, Navarra, Aragón e Catalunya, zonas opostas á política centralizadora e uniformadora dos Borbóns.
    Antecedentes históricos do carlismo
    Os antecedentes do carlismo pódense dividir en legais, históricos e ideolóxicos. Os primeiros refírense aos documentos que garantían a sucesión á coroa española. O problema sucesorio tivo a súa orixe na Lei Sálica, promulgada por Filipe V en 1713, que excluía...

    VER O DETALLE DO TERMO