Carlisle
Carlisle
Capital do condado de Cumbria, Inglaterra, Reino Unido (73.233 h [1995]). Situada nunha pequena elevación ao N do macizo de Cumberland entre os ríos Eden, Caldew e Petteril, nun lugar privilexiado de comunicacións, é un importante mercado agrícola comarcal, aínda que o motor do seu desenvolvemento é a industria, especialmente a construción de locomotoras. Conquistada no 70 d C polos romanos, que a chamaron Luguvalium, foi ata o 383 un centro de grande importancia, preto da muralla de Adriano. No s IX foi destruída polos daneses e reconstruída despois da conquista normanda por Guillerme II. Conserva restos das murallas do castelo, modificado no s XVI, e da antiga catedral, sé episcopal desde 1133.