"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Substancia que, estruturalmente, pertence ao grupo das dicromonas. Inhibe a liberación da histamina e da substancia de reacción lenta da anafilaxe (SRS-A) dos mastocitos. Emprégase no tratamento da asma extrínseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de experimentación fónica inventado polo portugués A. de Lacerda. Está inspirado no quimógrafo pero, a diferenza deste, no cromógrafo o estilete gravador substituíuse por un tubo capilar de onde sae un fío de anilina que se deposita nun papel móbil, mentres recibe unhas alteracións moduladas de corrente recollidas por un rexistro de boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de impresión litográfica en tintas inventado por Aloys Senefelder. Consiste no uso dun gravado en pedra ou en prancha de aluminio ou cinc para cada cor que se quere imprimir, ao que se lle aplica un sistema de impresión sucesiva idéntico ao empregado na litografía en negro. Con este procedemento pódense obter carteis, reproducións en cor, etc. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma abreviada cromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cromolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos gránulos de cromatina dun cromosoma que se tingue máis intensamente na profase e que, probablemente, corresponde a rexións de eucromatina máis densamente repregada en hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos derivados estruturais da 1,4-benzopirona, presentes como pigmentos das follas e das flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamento helicoidal de ADN visible durante a interfase e que forma un cromosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasto que contén soamente pigmentos non asimiladores, polo xeral amarelos ou vermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo formado por unha proteína específica conxugada cun pigmento. As cromoproteínas forman un grupo que inclúe: pigmentos respiratorios, como a hemoglobina, a clorocruorina e a hemocianina; fotosintetizadores, como a ficocianina e a ficoeritrina; os citocromos e as flavoproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento renacentista de vento constituído por unha dobre lingüeta encapsulada e curvado no extremo do pavillón. Ten un buraco para o polgar, outro de ventilación na parte curva e sete para o resto dos dedos. É probable que date do s XV e que sexa orixinario do norte de Italia, dende onde se estendeu o seu uso a Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da atmosfera dunha estrela, entre a capa inversora e a coroa. En concreto, a cromosfera solar pódese observar durante as eclipses solares. Ten unha cor vermella máis ou menos viva e un grosor duns 5.000 km. No seu interior orixínanse xeralmente as protuberancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén cromo(II), é dicir, cromo en estado de oxidación +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos orgánulos celulares que conteñen os materiais portadores da herdanza biolóxica. En sentido estricto, só se emprega este nome no caso dos organismos, tanto unicelulares coma pluricelulares, formados por células que teñen núcleo diferenciado (células eucariotas). Nas bacterias, o material hereditario está constituído por un filamento pechado, circular, de ADN. Este filamento, chamado por algúns autores xenóforo por ter a mesma función ca os cromosomas eucarióticos -ó igual ca o filamento de ADN ou ARN que constitúe o material xenético dos virus-, desígnase moi a miúdo co nome de cromosoma. Os cromosomas nos organismos superiores son visibles durante os procesos de división celular (mitose e meiose) en forma de corpos máis ou menos cilíndricos e de aspecto compacto. Pola súa facilidade para tinxirse, a substancia que forma os cromosomas recibe o nome de cromatina; nesta, o ADN portador da información xenética asóciase con histonas, outros tipos de proteínas,...

    2. Anomalía adquirida polo cromosoma 22, caracterizada por un acurtamento dos seus brazos longos e producida habitualmente por unha translocación co cromosoma 9. É propia de enfermos afectados de leucemia mieloide crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cromosoma.

    2. Representación gráfica na que se indica a posición relativa dos xenes dentro do cromosoma. Constrúese a partir das frecuencias de entrecruzamento e da observación das aberracións cromosómicas. Os mapas poden ser de distintos tipos, pero a ordenación dos xenes é sempre a mesma en todos os mapas da mesma especie. Tamén se denomina mapa xénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de impresión tipográfica a cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de combinación do haluro de prata e mais dos copulantes para formar tinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un cromóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que pode transformarse nun colorante por introdución na súa molécula dun grupo cromofórico e, posteriormente, dun auxocrómico.

    2. Composto que contén un ou varios grupos cromofóricos e que se pode converter nun colorante pola adición de radicais, como o hidroxilo (-OH) ou o amidóxeno (-NH 2 ).

    3. Aplícase á bacteria que produce pigmentos que lles dan cor ás súas colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO