"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do N de Arxentina, situada na rexión Litoral (29.801 km2; 961.274 h [2001]. A súa capital é Posadas. Limita ao N e ao L con Brasil e a provincia de Corrientes e ao O coa provincia de Corrientes e Paraguay. O seu relevo está formado por un altiplano que é a continuación do escudo brasileiro, que descende en altitude de NL a SO. Ao N, os ríos forman fervenzas e saltos, os máis importantes son os do río Iguaçú. O clima é subtropical húmido. A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de té, tabaco, froita, arroz, cereais e forraxe.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Paraguay (9.556 km2; 97.954 h [estim 1998]). A súa capital é San Juan Bautista (12.572 h [1982]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de estudos que fan referencia á actividade misioneira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de carácter socioeducativo e cultural, orientada a reducir a desigualdade entre o campo e as zonas urbanas. Durante a Segunda República, converteuse na experiencia máis xenuína de educación popular. Non se trataba de organizar un ensino sistemático, senón de complementar o labor da escola, cara a integración do mundo rural no novo marco social. O Padroado de Misións Pedagóxicas foi creado por un Decreto de 29 de maio de 1931. Os iniciadores das Misións inspiráronse na doutrina predicada por Manuel Bartolomé Cossío. Cossío reflexionara con frecuencia en levar ás aldeas e lugares apartados a cultura, reivindicando o ocio e a contemplación estética como valores educativos, convencido de que o gozo no estudo e na beleza da arte era moi importante para calquera persoa. O 6 de agosto de 1931 publicouse o Decreto en que se nomeaban os membros da comisión central: Manuel B. Cossío (presidente), Domingo Barnés (vicepresidente), Luis Álvarez Santullano (secretario) e catorce vogais. O...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución eclesiástica francesa encargada da evanxelización das rexións máis descristianizadas. Foi establecida pola xerarquía francesa en Lisieux (1941) e a súa sé foi trasladada a Pontigny (Yonne), onde pasou a depender dun prelado francés (o primeiro foi o cardeal Liénart, bispo de Lille), representado por un vigairo xeral residente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao espazo de máis de tres dimensións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transmisión de imaxes de televisión entre diferentes continentes mediante satélites artificiais de telecomunicación que gravitan arredor da Terra.
-
-
Punto craniométrico situado na interxección da sutura nasofrontal e a internasal.
-
Punto somático saxital situado na raíz do nariz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pictórico francés desenvolvido a finais do s XIX. Constituíu a radicalización do impresionismo, no empeño de empregar unicamente cores puras. A súa base teórica foi o divisionismo, coa súa técnica asociada, o puntillismo. Os principais representantes desta escola foron Georges Seurat, Paul Signac, Maximilien Luce, H.E. Cross, Charles Angrand, Albert Dubois-Pillet e o belga Théo van Rysselberghe. A súa influencia fíxose sentir tamén na obra de Camille Pisarro, Henri Martin, Giovanni Segantini e Maria Pidelaserra. Signac, na obra D’Eugène Delacroix a Néo-Impressionisme (1899), recolleu o ideario da escola.
-
-
Relativo ou pertencente ao neoimpresionismo.
-
Seguidor do neoimpresionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sezession.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre dous estados de se abster de empregar a forza un contra o outro e de resolver os seus conflitos mediante unha negociación ou someténdoos a unha arbitraxe. Asinado por estados que poderían ter motivos para se enfrontar belicamente, sería só unha medida diplomática para adiar as hostilidades no canto de sinalar o comezo dunha verdadeira política de distensión.
-
-
Idea, palabra ou imaxe que se apodera da mente con persistencia.
-
Perturbación anímica que se produce por unha idea, palabra ou imaxe persistente que se impón con independencia da vontade e que só con dificultade pode ser eliminada da mente. Entre os diferente tipos están as intelectuais, as impulsivas e as inhibidoras. Acompañada de plena consciencia, a obsesión é propia de diversas neuroses e un dos síntomas da psicastenia. Para a psicanálise, a obsesión actúa como un mecanismo de defensa ao intentar afastar da conciencia o desexo inaceptable. Para os psicanalistas freudianos é unha regresión aos estados prexenitais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que obsesiona.
-
-
Causar obsesión algo en alguén.
-
Pasar a ter unha obsesión por algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación lóxica que consiste en substituír o predicado polo seu contraditorio e en cambiar correlativamente a calidade da proposición. Por exemplo, Todos os químicos son científicos, é igual que ningún químico é non científico.
-
-
Circunstancia oportuna para algunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ocasión fai o/ao home ladrón. Fuxindo da ocasión non se cae na tentación”.
-
Circunstancia que se presenta, en xeral, en calquera momento.
-
Circunstancia que determina un efecto.
-
-
Circunstancia que posibilita a produción dun fenómeno, pero que, a diferenza da causa, non intervén positivamente e, a diferenza da condición, non é necesaria.
-
ocasión próxima
Ocasión en que se induce a alguén, practicamente dun xeito inevitable, a facer ou motivar un acto, pero se este non fose moral, tería que ser sempre evitada.
-
ocasión remota
Ocasión que non induce dun xeito inevitable a facer ou motivar un acto, polo que, no caso de que este non fose moral, a obrigación de evitala deixaría de ser grave.
-
-
-
-
Que ocorre de maneira non prevista ou accidental.
-
Que ocorre nunha determinada ocasión.
-
-
ocasión.
-
Consentimento ou negativa, no ocasionalismo estrito, outorgados polo ser humano á intervención de Deus, cuxa acción directa e continua é a única e verdadeira causa da produción de calquera efecto.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica do s XVII, de raíz cartesiana, que consideraba a Deus como único principio causal no referido ao problema da interrelación entre corpo e alma. Negaba que a acción da alma fose causa da correspondente acción do corpo e defendía a necesaria intervención de Deus para producir un movemento no corpo ou na alma, cada vez que neste ou nesta se producía outro correspondente. O seu principal representante, considerado como o fundador do ocasionalismo, foi Nicolas Malebranche.
-
-
Relativo ou pertencente ao ocasionalismo.
-
Partidario do ocasionalismo.
-