"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Sistema de cultivo que se basea na existencia simultánea de plantas de diversos cultivos nun mesmo campo, de xeito que un deles sirva como apoio dos outros. É típico dos países mediterráneos e das áreas de solo húmido ou de regadío. Dáse normalmente en pequenas explotacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría de pombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar de unión entre dous corpos ou dúas partes dun corpo.

    2. Punto de unión de dúas partes dun órgano, ou de órganos diferentes, que en xeral delimitan unha abertura. Aplícase especialmente aos labios (comisura labial) e ás pálpebras (comisura palpebral) e tamén aos labios vulvares maiores (comisura vulvar) e menores (comisura labial pudenda). No sistema nervioso central, dáselle a miúdo este nome aos fascículos definidos como ponte entre dúas estruturas; exemplos destes son a comisura magna, ou corpo caloso, a comisura medular, ou parte central da medula, a comisura media, ou unión dos tálamos ópticos, e a comisura branca, que relaciona os cordóns anteriores medulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á comisura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura escrita en lingua inglesa por autores dos países membros da Commonwealth of Nations. Orixinada nos sistemas educativo e administrativo impostos por Reino Unido nas súas colonias, alcanzou o seu recoñecemento cando estas recobraron a súa independencia, a partir dos anos cincuenta e sesenta do s XX. Está escrita, sobre todo, por autores indíxenas pertencentes ás elites occidentalizadas e ten un carácter híbrido, xa que emprega o inglés pero desenvolve temas tradicionais, históricos, sociais e culturais autóctonos, a miúdo críticos cos valores occidentais. Os países máis representativos pola importancia da súa cultura autóctona son: a India e algunhas nacións africanas como Nixeria, Ghana, Kenya, Uganda, Tanzania e Malawi. A diversidade do proceso colonial nos diferentes países africanos está patente na temática política, máis ou menos reivindicativa. Na India, o dualismo cultural do escritor indio en lingua inglesa plásmase na gran variedade de temas literarios empregados, situados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reparación dunha cousa descomposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de compor ou comporse.

    2. Comportamento respectuoso e educado dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo. Con sede en Bruxelas, comezou a funcionar en 1958. Os seus obxectivos concretáronse no establecemento dun mercado común de produtos nucleares e no desenvolvemento das industrias de aplicacións pacíficas da enerxía nuclear. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de configurar ou configurarse.

    2. Forma que presenta algo, determinada pola disposición que adoptan as súas partes constituíntes.

      1. Posición relativa dos astros.

      2. Aspecto dun planeta respecto á Terra ou ao Sol.

      1. Situación dun sistema físico na que queda perfectamente especificada a posición de cada unha das súas partes compoñentes. Vén dada polas coordenadas de cada partícula ou ben, no caso de ligaduras, polas coordenadas xeneralizadas do sistema, en número igual ao de graos de liberdade deste.

      2. configuración electrónica

        Distribución dos electróns dun átomo ou dunha molécula nos diversos orbitais destes. Para deducir as configuracións electrónicas dos átomos, tómase como base o feito de que un átomo multielectrónico pode colocar os seus electróns nun conxunto de orbitais formalmente análogo ao do átomo de hidróxeno, seguindo a orde de menor a maior enerxía dos orbitais e tendo en conta o principio de exclusión. A orde en que se van enchendo de electróns os orbitais dun átomo neutro é: 1s, 2s, 2p, 3s, 3p, 4s, 3d, 4p, 5s, 4d, 5p, 6s, 4f, 5d, 6p, 7s, 6d, 5f, etc. A configuración electrónica dun átomo simbolízase a través da notación dos orbitais cun superíndice á dereita que indica o número de electróns de cada orbital. Así, por exemplo, para o átomo do sodio é 1s 2 2s 2 2p 6 3s 1 , aínda que correntemente só se se fai referencia aos electróns de valencia 3s 1 . Analogamente, faise para unha molécula baseándose na teoría do orbital molecular.

    3. Forma en que están dispostos os diferentes elementos dun ordenador para que tanto este como os programas e a impresora funcionen axeitadamente. Pode afectarlles ao teclado, á pantalla, ás unidades de disco, etc.

    4. Termo moi extenso que designa todos aqueles obxectos matemáticos que consisten, basicamente, nun conxunto finito de elementos e nunha familia de partes do conxunto; os dous cumpren unha serie de regularidades alxébricas ou topolóxicas. Son configuracións algúns obxectos tan distintos como as variacións ou as combinacións dun conxunto de elementos, ou as diferentes disposicións de paquetes de medidas desiguais no interior dunha maleta.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que configura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñer algo material ou inmaterial segundo unha certa forma ou figura.

    2. Realizar as asignacións dun ordenador ou dun programa para utilizalos dunha forma particular de xeito temporal ou permanente. Moitos paquetes de software comercial teñen que ser configurados ou instalados nunha máquina particular (tendo en conta factores como a tarxeta de vídeo ou a impresora que se empreguen) e dependen das necesidades ou preferencias particulares da persoa que os empregue.

    3. Tomar algunha cousa material ou inmaterial unha determinada forma ou figura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en Bos Aires en 1790 por emigrantes galegos. Entre os seus fins está a celebración do día do apóstolo Santiago. Houbo outras sociedades semellantes en Madrid, México e La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de conmensurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode medir.

    2. Aplícase á cantidade que ten unha medida común con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de conmensurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medir dúas ou máis cousas coa mesma medida ou proporción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conforme á propia natureza do Ser, sen ser adquirido nin engadido.

    2. Que determina interiormente o coñecemento e a conduta do ser vivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [CRAE] Organismo que controla e protexe os produtos agrarios producidos de maneira ecolóxica ou orgánica, obtidos cunha elevada calidade e con ausencia de produtos químicos sintéticos (como moitos pesticidas e fertilizantes, que poden dar lugar a residuos nocivos) ou outras prácticas agresivas co contorno. Ampara tanto a produción primaria coma os produtos elaborados nas explotacións inscritas neles.

    VER O DETALLE DO TERMO