"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou enxeñería industrial en Alemaña (1897). Traballou na empresa siderúrxica da súa familia ata que, trala morte da súa nai, se dedicou á pintura. No ano 1903 trasladouse a París, onde estudiou no obradoiro de Francisco Durrio e na Académie Julien. Realizou a súa primeira mostra en 1916 na Asociación de Artistas Vascos. Cultivou as naturezas mortas, a pintura de xénero, a paisaxe e o retrato, entre os que destacan Don Miguel de Unamuno, Valle-Inclán e Pío Baroja. Colaborou na revista España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de turismo, ambientalmente responsable, que consiste en viaxar ou visitar áreas naturais sen alteralas, co fin de gozar, apreciar e estudar os atractivos naturais, que se poida localizar a través dun proceso que promova a conservación, cun baixo impacto ambiental e cultural, e que propicie un compromiso activo e socioeconomicamente benéfico para as poboacións locais.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Licenciouse en Medicina na University of Pennsylvania en 1954. Logo de exercer a medicina no corpo médico do exército estadounidense (1955-1957), ampliou a súa formación na Rockefeller University, onde exerceu como profesor dende 1960, data na que se doutorou. En 1927 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, conxuntamente con R. R. Porter, polos estudios sobre a estrutura dos anticorpos. Descubriu que estas macromoléculas resultaban da unión, por enlace de xofre, de dúas cadeas proteicas, unha lixeira e outra pesada. Tamén traballou na aplicación da espectroscopía de fluorescencia ao estudo das proteínas e no desenvolvemento de novos métodos de separación de moléculas e células. As novas liñas de investigación dirixiunas cara ao estudo da estrutura primaria e tridimensional das proteínas, da estrutura e funcionamento de mitóxenos das plantas e da superficie celular. Publicou a triloxía Neural Darwinism: The Theory of Neural Group (1987), Topobiology: An Introdution...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Exteriores no goberno de Batlle e presidente do Senado. Elixido presidente da República en 1873, depúxoo un golpe de estado en xaneiro de 1875. Reelixido en 1892, renunciou inmediatamente ao cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo francés. Estudiou no Conservatorio de París, no que posteriormente exerceu a docencia, e foi discípulo de E. Guiraud. Foi autor de obras dramáticas como Prométhée enchaîné (1918), Salamine (1928) e Amphitryon (1936), música sinfónica e sonatas. Así mesmo, escribiu Histoire de la langue musicale (Historia da linguaxe musical, 1911) e biografías de músicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade na costa do golfo de Roses, no municipio de l’Escala (Girona). Comprende unha factoría grega (Paleápolis), establecida no s VI a C polos gregos de Focea nun antigo illote, onde se sitúa a vila de Sant Martí d’Empúries, unha cidade grega, a carón da praia, que foi denominada modernamente Neápolis, e unha cidade romana que xurdiu durante os ss II e I a C, xunto á Neápolis grega. A factoría de Paleápolis estableceuse pouco despois do 600 a C e, ao redor do 550 a C, constituíuse unha pequena cidade que contaba coas defensas naturais dos ríos Fluvià e Ter. Desenvolveu unha notable actividade comercial cos pobos indíxenas do seu contorno e deixou unha fonda pegada na súa cultura. O proceso de romanización, que se iniciou co desembarco dun exército dirixido por C. Cornelio Escipión na Segunda Guerra Púnica (218 a C), orixinou a constitución dunha nova cidade (100 a C) ao redor do campamento militar. Durante o goberno do Emperador Octavio Augusto uníronse as cidades grega e a romana...
-
-
Facer chourizos enchendo as tripas coa zorza.
-
Dar forma de chourizo a algo.
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo ruso. Estudiou pintura na Escola de Pintura, Arte e Arquitectura de Moscova. A partir dos anos vinte do s XX dedicouse á fotografía e colaborou coa revista Fotograf (1926-1929). Neses mesmos anos publicou algúns dos seus traballos fotográficos en Izvestia, SSSR na Stroike, Ogonjok e Smena. Especializado en imaxes paisaxísticas e na arquitectura urbana que descubriu nas súas viaxes por Rusia e Europa Occidental, as súas fotografías achéganse ao pictorialismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado, fillo de Federico Errázuriz Zañartu. Ministro de Guerra e Mariña con José Balmaceda, asinou a acta de deposición do presidente (1891). Ocupou a presidencia da República entre 1896 e 1901. O seu goberno destacou polas melloras na educación, na saúde e nas infraestruturas. Resolveu o problema fronteirizo xurdido con Arxentina na entrevista coñecida como El abrazo del Estrecho (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Acusárono de participar no motín de San Felipe (1850) e no encabezado polo coronel Pedro Urquiola (1851), polo que foi condenado a morte, pena da que resultou absolto. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Xustiza, Culto e Instrución Pública (1864), ministro de Guerra e Mariña (1866) e presidente da República (1871-1876). No seu mandato tivo lugar a creación do ministerio de Relacións Exteriores e a reforma constitucional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista gráfico holandés. Formouse na School voor Kunstnijverheid de Haarlem (1919-1922). Viviu en Italia entre 1923 e 1935 e despois en Suíza, Bruxelas e Baarn ata que se instalou en Laren. Realizou unha obra caracterizada pola suxestión espacial e a ilusión óptica, de carácter surrealista, e na que tiveron grande importancia os conceptos matemáticos. Entre outros gravados destacan Ciclo (1946), Belvedere (1958) e Fervenza (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos esciúridos.
-
Mamífero da familia dos esciúridos.
-
Familia de mamíferos roedores caracterizados por presentar os dentes trituradores da mandíbula superior provistos de cristas e os inferiores simples e cóncavos. Comprenden 50 xéneros e 260 especies que reciben as denominacións populares de esquíos arborícoras, esquíos das praderías, esquíos terrestres, esquíos voadores e marmotas.
-
-
GALICIA
Guerrilleiro antifranquista. Alcumado Lúa, foi labrego de profesión. Serviu de enlace dos guerrilleiros que actuaban na zona ata finais de 1947, ano en que, xunto á súa irmá Xosefa e outros colaboradores da guerrilla, marchou ao monte por temor ás represalias policiais a raíz da caída do guerrilleiro Xosé Vázquez Ubaldo. Caeu nos arredores de Ourol nun enfrontamento coa Garda Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleira antifranquista. Campesiña, serviu de enlace da guerrilla e integrouse nela trala morte de Xosé Vázquez Ubaldo (novembro de 1947), guerrilleiro ao que ela e outros campesiños da zona axudaran en varias ocasións. Desenvolveu a súa actividade no ámbito de actuación da IIIª Agrupación Guerrilleira (Lugo). A finais do mes de xuño de 1949, na compaña doutros membros do destacamento Segundo Vilaboy, nun refuxio situado ao pé da serra do Xistral, foron cercados pola Garda Civil que os abateu a tiros e incendiou a choza. Alí morreron Xosefa e mais Xosé Pedreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada nas Sagradas Escrituras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as Sagradas Escrituras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escriturística.