"asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Samos a partir de xaneiro de 1934. Cesou en xullo-decembro de 1936. Saíu trimestralmente co subtítulo “Revista beneditina” e estivo dirixida polo Padre Genadio Sanmiguel e, desde o nº4, polo Padre Maximino Arias. De tendencia conservadora, incluíu artigos sobre a historia da orde de San Bieito, vida misioneira e artigos sobre mosteiros, sen apenas referencias a Galicia. Rexeitou o ensino laico e apoiou o levantamento de Franco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (1.019 km2; 413.400 h [estim 2000]). A súa capital é Monastir (35.546 h [1984]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
División estratigráfica do Cuaternario recente do Mediterráneo. O estrato tipo atópase en Monastir (Tunisia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Monastiriano.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, delimitado ao L por Murcia (2.213 h [2001]). A economía baséase na agricultura de regadío e nas industrias derivadas. Dentro do termo destaca o santuario ibérico de Cerro de los Santos e o acueduto, declarado Ben de Interese Cultural en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Herdeiro dos obradoiros tipográficos que Antonio Fraiz Piñeiro estableceu en Santiago de Compostela a partir de 1673, tanto el como os seus sucesores tituláronse “impresores del Santo Oficio”. Montero herdou o oficio de Pedro Fraiz e del fíxose cargo entre 1769, ano de La vida de D. Juan de S. Clemente, e 1796, cando se imprimiu o Sermón de la agonía, obra de Reguera. Foron estes os obradoiros responsables da maior parte dos libros impresos en Santiago de Compostela durante o segundo terzo do s XVIII, e aínda se mantivo en mans de membros da mesma familia ata o primeiro terzo do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmógrafo alemán. Estudou matemáticas e teoloxía en Basilea. Freire franciscano, uniuse máis tarde á Reforma. É autor da Cosmographia Universalis, publicada en Basilea (1544).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dunha planta ou dun organismo vexetal que se debe a un estímulo externo de carácter difuso, como unha variación na temperatura ou na intensidade da luz. A dirección do movemento depende da constitución da parte estimulada, e é debida a fenómenos de crecemento e de turxescencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nastia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á textura dalgunhas rochas metamórficas nas que, durante a recristalización, se desenvolveron minerais como a sillimanita, que ten hábito fibroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente filosófica que xurdiu en Roma no s XIX, e que supuxo un retorno aos grandes clásicos medievais, sobre todo a santo Tomé de Aquino. O seu fin foi o de poder polemizar máis convincentemente cos novos movementos filosóficos. Como unha restauración da escolástica, e máis particularmente do tomismo, foi alentada por León XIII a través da encíclica Aeterni Patris (1879). Esta renovación deu pé á creación de importantes centros filosófico-teolóxicos en Lovaina, Milán, Friburgo e París.
-
-
Relativo ou pertencente á neoescolástica.
-
Seguidor da neoescolástica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restauración dun tecido por autoplastia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De Stijl.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neoplastia.
-
PERSOEIRO
Navegante de orixe galega. Estableceuse desde 1501 en La Española, actual Santo Domingo, e en 1508 Nicolás de Ovando, gobernador da illa, ordenoulle explorar as costas de Cuba e probablemente demostrou a súa insularidade. En 1512 trasladouse a Darién, onde fixo amizade con Vasco Núñez de Balboa, que o enviou como representante ante a Casa de Contratación de Sevilla; durante a travesía fixo escala en Cuba e axudou a Diego de Velázquez na conquista da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Disciplina que trata do estudo científico dos nomes propios. Os seus fundadores restrinxen a onomástica á busca do sentido, etimoloxía e evolución dos nomes de lugar -terrestres, marítimos, celestes (toponimia)- e dos nomes de persoa -nome, cognome, alcumes, hipocorísticos (antroponimia)-, aos que se poden engadir os de animais (zoonimia) e os de toda clase de obxectos máis ou menos personalizados (vehículos, obras literarias, ventos, festas, etc). Dentro da tendencia tradicional distínguense, en toponimia, os filólogos italianos e, en antroponimia, a escola de Uppsala. Os novos enfoques da onomástica reforzan a unión que xa mantiña con outras ciencias (historia, xeografía, demografía, arqueoloxía, etnoloxía, dereito). O interese desta disciplina maniféstase na creación de centros especializados (International Centre of Onomastics), na creación de revistas especializadas (as principais son: Names, de Nova York, Revue Internationale d’Onomastique de París, Onoma de Lovaina, Onomastica de...
-
Día en que se conmemora a festa do santo do que se leva o nome.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos nomes propios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de palabras coa determinación do seu uso e sentido. Dáselle este nome a dous tipos de obras: ás obras antigas así chamadas polos seus autores ou pola tradición (Onomasticon de Xulio Pólux) e ás táboas de nomes propios (de persoas e de lugares) ou de palabras técnicas, compostas polos modernos (destacan: para o grego Onomasticon propriorum nominum de Oporini; para o latín Onomasticon historiae romanae de Johannes Glandorp, Onomasticon tullianum de Johann Caspar von Orelli e Onomasticon totius latinitatis de Vicent De Vit).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda as propiedades ópticas das substancias sólidas sometidas a deformacións.