"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

  • Antropónimo masculino que provén do nome dun deus itálico que, por etimoloxía popular, os romanos derivaban de satur ‘farto’ ou de satum ‘sementado’, e que despois acabaron identificando co Cronos grego que devoraba os seus fillos. Con todo, a etimoloxía parece que hai que buscala nunha antiga raíz *xhâtra ‘rei’, ‘dominador’, de onde viría a palabra sátrapa e o nome deste deus en etrusco, Satre, que significaría ‘señor’, ‘rei’. Curiosamente tamén o Cronos grego se relaciona co verbo kraíno ‘reinar’, ‘dominar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sexto dos planetas do sistema solar considerando a súa proximidade ao Sol, e o segundo atendendo á masa, malia que a súa densidade é a máis baixa entre as de todos os planetas e satélites do sistema solar. A velocidade de rotación do planeta varía coa latitude, pero acéptase como valor medio do período de rotación a de 10 h 14 min. É observable a simple vista como un astro amarelento de primeira magnitude. A súa propiedade máis espectacular é que, visto polo telescopio, presenta un sistema de aneis luminosos que o envolven e que lle son característicos. Á parte dos aneis, ten un aspecto moi semellante ao de Xúpiter. Presenta tamén unha estrutura de bandas paralelas ao ecuador. A súa atmosfera, moito menos activa ca a de Xúpiter, presenta, esporadicamente, unha manchas brillantes dunha certa duración. A temperatura desta atmosfera oscila entre -148°C e -197°C. A parte sólida de Saturno está formada por un núcleo de rochas de 20.000 km de diámetro, que presenta ao redor unha capa de xeo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga divindade latina. O seu culto non tivo moita difusión fóra de Roma, cidade onde posúe un só templo situado no cantón occidental do foro, aos pés do Capitolio. Este feito débese, probablemente, ao esquecemento en que caeu o deus cando a súa figura se fusionou coa de Cronos. A difusión da astroloxía babilónica contribuíu a darlle un aspecto astral, identificándoo cun planeta homónimo. Realizábanselle sacrificios coa cabeza descuberta e coroado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de foguetes espaciais estadounidenses que comprende os modelos Saturno 1, Saturno 1B e Saturno 5, que se iniciou en 1959. O Saturno 1 foi un foguete de ensaio tecnolóxico de dous tramos, con propulsores H-1, de osíxeno líquido e queroseno. Os tres últimos lanzamentos dunha serie de 10 serviron para poñer en órbita os satélites Pegasus, de detección e cómputo de micrometeoritos. Os modelos Saturno 1B foron versións melloradas dos anteriores e co segundo tramo propulsado cos motores J-2, de osíxeno-hidróxeno líquidos. Os Saturnos 1B serviron para ensaiar as naves Apollo e poñer a punto elementos do foguete iniciados en 1966. O Saturno 5 posibilitou a chegada do home á Lúa. O primeiro lanzamento tivo lugar cara a finais de 1967 para satelizar a estación orbital Skylab.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario e artístico vixente entre 1860 e o fin de século en Milán e Turín. Os scapigliati -E. Praga, Arrigo Boito, C. Arrighi, C. Dossi, G. Faldella e I. U. Tarchetti-, cultibaban un realismo que incorporaba a linguaxe cotiá, e ironizaban sobre a hipocrisía da vida burguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para modificar a afinación habitual dunha ou máis cordas dun instrumento, segundo a afinación indicada no inicio da partitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa do extremo oriental de Galicia, limítrofe coa comarca do Bierzo, que no seu sector galego se estende polas parroquias de Oulego, O Robledo da Lastra, Biobra e Covas, no concello de Rubiá. Conta cunha superficie de 1.723 ha e a súa maior altitude é o monte Tara, que acada os 1.112 m. Xeoloxicamente correspóndese cunha gran dolomía, o que a converte nun fenómeno excepcional en Galicia. A súa localización nunha área baixo un dominio climático con características mediterráneas, a fragmentación topográfica que produce o río Sil e a destacable litolóxica, outórganlle a este pequeno espazo unha enorme biodiversidade. En canto á flora pódese atopar sabinas, castiñeiros comúns, aciñeirais e varios endemismos (Petrocoptis grandiflora, Rhamnus legionensis), algún deles confinado nesta serra. En canto á fauna existe un gran número de especies de vertebrados terrestres, especialmente aves rapaces, como a aguia real e o falcón peregrino; de réptiles, como o lagarto das silvas; e de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das asteráceas, con follas ovais ou lanceoladas, flores en capítulos solitarios, en corimbo ou panícula, e froito cun apéndice de pelos ou filamentos. En Galicia está presente a especie S. tinctoria, en prados montañosos e lugares húmidos, que florece entre xullo e outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do...

      2. Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.

    1. Acción de asinar.

      1. Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.

      2. Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.

      1. Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.

      2. Cada un dos pregos que compoñen un volume.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de síndico.

    2. Oficina do síndico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, cun metro de alzada aproximadamente, cos pezuños agrandados, aptos para o desprazamento sobre terreo brando e pantanoso. É propio de África central e vive na conca do río Níxer, na parte alta dos ríos Congo e Zambeze, nas rexións próximas ao lago Vitoria e en Sudán meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que excede o poder ou as leis da natureza.

    2. Que sobrepasa o natural ou non se pode explicar por causas naturais.

    3. Aplícase, na especulación teolóxica occidental, á comunicación libre e gratuíta de Deus, a graza, en tanto que non é debida á esencia finita de ser espiritual creado ningún nin este a pode esixir de Deus. Por razón da unidade no home entre espírito e materia, o sobrenatural é un factor interno da historia espiritual, de xeito que a creación alcanza a súa finalidade e perfección non nunha hipotética natureza pura, senón na graza. Inaccesible polo esforzo do home, concédese gratuitamente como un don que, lonxe de forzar a natureza ou destruír a liberdade, as perfecciona. A teoloxía oriental, partindo dunha concepción da graza increada, negou esta concepción porque nela vía unha imposibilidade real de comuñón con Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que deriva dunha actitude non reflexa que reduce a orde sobrenatural a unha ideoloxía, pretende deducir todo positivamente da graza e da revelación e, en último termo, poñer todo sobre a dirección da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación instantánea dun vapor en que as condicións termodinámicas son as axeitadas para a súa transformación en líquido, pero que aínda non tivo lugar. No caso de vapor de auga, pódese conseguir esta situación baixando bruscamente a temperatura do aire húmido.

    2. Condición que existe nunha solución cando esta contén unha cantidade de soluto superior á necesaria para saturala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sobresaturación.

    2. Que presenta sobresaturación.

    3. Solución que, a unha temperatura determinada, contén unha cantidade de soluto superior á que pode estar en equilibrio co soluto non disolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha sobresaturación.

    2. Exceder unha solución a concentración de saturación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade independente e científica, sen ánimo de lucro, que foi fundada en 1976 a partir do Grupo Ornitolóxico Galego e que se adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio. Leva a cabo unha intensa actividade en temas relacionados coa natureza, organizando conferencias e congresos tanto sobre estes temas como sobre aves, mamíferos mariños ou micoloxía. Tamén realiza censos invernais de aves acuáticas ou de aves petroleadas, iniciada a raíz do accidente do petroleiro Andros Patria; marcaxes de aves, para coñecer a súa dispersión, e colabora na coordinación do Programa de Conservación do Arao Ibérico. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio natural, como Paspallás e Braña, e o Atlas de vertebrados de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de cousas actual.

    2. Estado actual das estruturas sociais ou políticas dunha sociedade concreta, así como a súa continuidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou a condición xurídica dunha persoa ou situación política ou xurídica dun estado ou dunha parte deste.

    2. Posición que ocupa un individuo nun sistema social e que lle confire privilexios, dereitos e deberes fronte a outros individuos.

    VER O DETALLE DO TERMO