Sociedade Galega de Historia Natural
Sociedade independente e científica, sen ánimo de lucro, que foi fundada en 1976 a partir do Grupo Ornitolóxico Galego e que se adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio. Leva a cabo unha intensa actividade en temas relacionados coa natureza, organizando conferencias e congresos tanto sobre estes temas como sobre aves, mamíferos mariños ou micoloxía. Tamén realiza censos invernais de aves acuáticas ou de aves petroleadas, iniciada a raíz do accidente do petroleiro Andros Patria; marcaxes de aves, para coñecer a súa dispersión, e colabora na coordinación do Programa de Conservación do Arao Ibérico. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio natural, como Paspallás e Braña, e o Atlas de vertebrados de Galicia.