Sociedade Deportiva Compostela SAD

Sociedade Deportiva Compostela SAD

Club de fútbol fundado en Santiago de Compostela en 1962. Xogou os seus partidos como local no estadio Santa Isabel e, posteriormente, no Estadio Multiusos de San Lázaro. Vestía camiseta azul celeste e branca e pantalón branco. Ascendeu a Primeira División na tempada 1994-1995 e permaneceu nela ata a campaña 1997-1998. Os problemas económicos levaron ao club, na tempada 2002-2003, ao seu descenso a Segunda División B. A situación económica empeorou e a súa disolución foi aprobada polos tribunais en 2005.