Sociedade Deportiva Samertolameu
Sociedade Deportiva Samertolameu
Agrupación deportiva fundada o 2 de maio de 1979 con sede na parroquia de Meira (Moaña). Naceu como club de fútbol, aínda que en breve se incorporaron as seccións de atletismo e remo. Nesta última, no apartado de traiñeiras, conseguiron no ano da súa estrea (1979) o Campionato Galego e a participación no Campionato de España en Zarauzt. Ademais, acadaron, entre outros, o IV Trofeo Conde de Fenosa (1982), a I Bandeira Xunta de Galicia (1984), a Bandera de España en batel (1986) e traiñeiriñas (1987 e 1988), a Bandera Príncipe de Asturias (1985, 1993 e 1996) e o Campionato de España (2001) de traiñeiriñas.