"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio científico do cine e da súa influencia sobre a vida social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia encargada de fixar, restaurar e comentar textos literarios, segundo a acepción clásica. Na súa versión máis ampla, o obxectivo final é coñecer as civilizacións pasadas a través dos documentos escritos que estas transmitiron, e que permiten comprender e explicar as correspondentes sociedades. Non obstante , na época contemporánea os seus obxectivos ampliáronse sensiblemente. Nesta acepción, a filoloxía ocúpase do estudo da linguaxe e mais da lingua, a literatura e as demais manifestacións da cultura dun determinado pobo, fundamentalmente a través dos textos escritos. Existe unha área común entre a filoloxía e outras ciencias, sobre todo a arqueoloxía e a lingüística. No que se refire á arqueoloxía, a diferenza radica en que esta última utiliza como material de traballo os vestixios materiais, mentres a filoloxía emprega sobre todo os testemuños escritos, e polo tanto converteuse en disciplina complementaria da historia, do mesmo xeito ca a epigrafía, a numismática, a codicoloxía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que se desenvolveu durante o primeiro período da Ilustración, que relaciona a perfección do mundo coa existencia de Deus.
-
-
Ciencia que estudia os fenómenos funcionais e os procesos vitais dos organismos animais (fisioloxía animal) ou dos vexetais (fisioloxía vexetal), e trata de establecer as leis que os regulan e os rexen.
-
Fisioloxía que se aplica aos animais en xeral. No caso particular en que o obxecto de estudio é o ser humano recibe o nome de fisioloxía humana. Como ciencia desenvolveuse a partir do s XVII, aínda que xa existían descricións do funcionamento dos organismos en textos médicos exipcios, babilónicos, árabes e asirios. Historicamente, a primeira vez que apareceu esta palabra foi no tratado De naturali parte medicinae (1542), de J. Fernel. Os estudios de A. Vesalius indicaron o comezo dunha anatomía moderna e contribuíron a favorecer as investigacións fisiolóxicas. M. Servet descubriu a circulación menor do sangue, e G. Fallopio estudiou o sistema nervioso e o aparato reprodutor. No s XVII xa existían tratados de fisioloxía que explicaban os coñecementos sobre a dinámica dos músculos, o funcionamento dos sentidos e os procesos dixestivos e respiratorios. W. Harvey interpretou a circulación do sangue e o papel do corazón e dos movementos cardíacos e creou a fisioloxía comparada. No s...
-
Parte da fisioloxía que estudia as funcións da célula, polo que investiga as características básicas comúns aos seres vivos.
-
Parte da fisioloxía que estudia unha determinada función orgánica comparativamente ao longo de toda a filoxénese. Integra e coordina as relacións funcionais e tenta atopar os camiños polos que os diferentes animais, con estruturas, necesidades e estratexias moi diferentes, solucionan a realización de funcións similares. A fisioloxía comparada é a historia fisiolóxica da evolución dos diferentes sistemas funcionais.
-
Disciplina que estudia as funcións dos organismos a nivel de ecosistema, investigando no plano fisiolóxico o porqué das necesarias adaptacións a medios variables.
-
Disciplina que estudia a resposta adaptativa do animal fronte a estímulos ambientais e axuda a coñecer os mecanismos polos que se determina o comportamento.
-
Ciencia que estudia as funcións alteradas dun organismo enfermo. Tamén recibe o nome de fisiopatoloxía.
-
Parte da fisioloxía que ten como obxecto de estudo os organismos vexetais. Considera principalmente os fenómenos de crecemento, o metabolismo e as interaccións co medio e os outros organismos: pode abarcar tamén aspectos especiais, comparados ou patolóxicos. Non ten un límite establecido coa bioquímica e relaciónase intimamente coas ciencias morfolóxicas (anatomía, citoloxía) polos lazos existentes entre forma e función. Constituíuse como ciencia no s XVIII coa obra de S. Hales Vegetable Staticks (1727), na que examina o crecemento das plantas, a perda de auga por evaporación e outros fenómenos. A finais do s XVIII destacou J. Ingenhousz, quen demostrou que as plantas verdes absorben dióxido de carbono e desprenden osíxeno durante a fase luminosa do día. No s XIX fixéronse estudios referentes á fotosíntese, á ósmose, á nutrición mineral, ao crecemento, etc. No s XX comezaron os estudios referentes á fotoperiodicidade, aos enzimas e aos procesos bioquímicos da fotosíntese. En 1937...
-
Disciplina científica que ten moitos puntos en común coa fisioloxía celular, pero que traballa nun nivel de integración superior. Estudia os mecanismos enzimáticos, a creación e a liberación de enerxía, os problemas do metabolismo intermediario, a regulación bioquímica, enzimática e hormonal, etc, no organismo considerado como un todo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioloxía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
botánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeobotánica que estudia as comunidades vexetais que se tipifican en asociacións, e as súas relacións co ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da fitopatoloxía que trata da química, a formulación e a aplicación dos produtos e as materias que se empregan no control das pragas e enfermidades das plantas, e tamén dos correctores que se utilizan habitualmente para regular algúns procesos fisiolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioloxía vexetal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estudia os vexetais, coñecida comunmente como botánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paleobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as enfermidades das plantas. Xeralmente, a fitopatoloxía restrinxe o seu campo ás enfermidades que causan os virus, os parasitos vexetais (bacterias, fungos ou plantas superiores), os nematodos e os factores ambientais, e deixa para a entomoloxía e a zooloxía aplicadas as enfermidades causadas por artrópodos, moluscos e vertebrados. O nacemento da fitopatoloxía como ciencia tivo lugar na primeira metade do s XIX, grazas ao desenvolvemento da micoloxía e da entomoloxía e ás primeiras probas de control químico. No ano 1807 J. L. Prévost probou conclusivamente que a carie do trigo se debía a un fungo, Tilletia tritici, que produce unhas esporas que se podían destruír pola acción do sulfato de cobre. Os traballos de H. A. de Bary e doutros destacados fitopatólogos da segunda metade do s XIX levaron ao descubrimento das bacterias como parasitos vexetais. No ano 1898 M. W. Beijerinck identificou o axente do mosaico do tabaco como unha entidade infecciosa diferente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
fitocenoloxía.
-
-
Relativo ou pertencente a Fixi, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Fixi.
-
Lingua do phylum austronesio da familia malaio-polinesia que se fala en Fixi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da lingüística que se ocupa de estudar a compoñente fónica das linguas, é dicir, o uso lingüístico dos sons. Este termo empezou a utilizarse no s XIX para designar o estudo dos sons lingüísticos (equivalente á fonética lingüística), pero a partir de principios do s XX tomou un sentido máis especializado. A fonoloxía foi a disciplina que aplicou e desenvolveu con maior rapidez e éxito as ideas do estruturalismo lingüístico, sobre todo grazas aos traballos do Círculo Língüístico de Praga. Utilizando os criterios de conmutación e oposición, a teoría fonolóxica de Nikolaj S. Trubeckoj (Grundzüge der Phonologie, 1939) permite identificar os fonemas de cada lingua e establecer a rede de oposicións que forma con todos os outros fonemas que poden aparecer na súa mesma posición e contexto. Esta perspectiva tivo continuidade en Europa, coa chamada fonoloxía funcional. A partir dos mesmos conceptos básicos, Roman Jakobson desenvolveu unha fonoloxía máis centrada no estudo dos trazos distintivos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de métodos que permiten obter, a partir das fotografías aéreas, datos sobre a xeoloxía dunha rexión (estereofotogrametría, fotogrametría). As fotografías aéreas mostran, en ocasións, detalles xeolóxicos difíciles de detectar sobre o terreo e son empregadas para facer cartografías xeolóxicas de zonas pouco accesibles. Para a interpretación dos fenómenos xeolóxicos a grande escala utilízanse fotografías realizadas dende satélites.
-
-
Conxunto de modos de expresión característicos dunha lingua, dunha época, dunha actividade, dun grupo ou dunha persoa.
-
Maneira peculiar en que un individuo, grupo ou lingua constrúe e ordena as oracións.
-
Conxunto de expresións fixas, como frases feitas, refráns e modismos, dunha lingua ou fala. En Galicia, os primeiros traballos fraseolóxicos recóllense en obras que non son especificamente fraseolóxicas, como poden ser vocabularios, dicionarios e gramáticas, e son produto do esforzo individual e do interese persoal dos seus autores. A falta de normalización da lingua galega fixo que ata o s XVIII non aparecesen as primeiras achegas á fraseoloxía galega: o traballo do Padre Sobreira (Papeletas de un Dicionario Gallego) e os de frei Martín Sarmiento (Colección de voces y frases gallegas, Catálogo de voces y frases de la lengua gallega e Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables), publicados todos eles por X. L. Pensado no s XX. No s XIX cómpre destacar o labor de Manuel Leiras Pulpeiro, primeiro en recoller sistematicamente frases feitas; o Compendio de gramática-gallega-castellana (1864), de Francisco Mirás, con...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema ideolóxico iniciado por Franz-Joseph Gall (1758-1828). Fundaméntase na doutrina das localizacións cerebrais, segundo a cal, as distintas funcións cerebrais sitúanse nunhas áreas determinadas e existe un paralelismo entre o grao de desenvolvemento destas áreas e a intensidade de funcións que radican nelas. Deste xeito, mediante un exame da morfoloxía externa da caixa cranial, poderíanse descubrir as tendencias innatas dos individuos, determinar o seu carácter e a súa capacidade mental. Tentou aplicarse á educación e á criminoloxía, e, aínda que foi desacreditada como práctica científica, conservou a súa popularidade, especialmente nos EE UU durante o s XIX, e orixinou outras disciplinas pseudocientíficas, como a craniometría e a antropometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión occidental de Asia Menor que constitúe o hinterland das terras da costa colonizadas polos gregos (Xonia, Misia, Lidia e Caria). No 133 a C pasou a formar parte da provincia romana de Asia.
-
-
Relativo ou pertencente a Frixia ou aos seus habitantes.
-
Individuo do pobo frixio.
-
Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, trala caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia. Segundo a tradición grega, os seus monarcas tomaban alternativamente os nomes de Gordios e Midas e relacionábanse con mitos gregos sobre a agricultura (nó gordiano para atar o xugo) e a riqueza (Midas que enviou ofrendas ao santuario de Delfos no s VIII a C). Foron o lazo de unión entre a cultura oriental e os sabios xonios, que fixaron as bases da ciencia grega. Levaron a Grecia os cultos a Dióniso, Cibeles e Atis cos seus misterios. A invasión dos cimerios no 675 a C puxo fin ao Reino de Frixia, que quedou sometido ao dominio persa. O helenizado mundo frixio reviviu coa conquista de Alexandre o Grande que na capital Gordion, cortou coa súa espada o nó gordiano, que segundo a tradición, permitiría dominar o mundo a quen o desfixese. Posteriormente foi englobado no Reino de Pérgamo, que pasou aos romanos no 133 a C.
-
Lingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor e do que son testemuña unhas breves inscricións datadas entre os ss VIII a C e II d C.
-
-
Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.
-
Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.
-
-