frixio -xia
(< lat Phrygĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente a Frixia ou aos seus habitantes.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo frixio.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, trala caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia. Segundo a tradición grega, os seus monarcas tomaban alternativamente os nomes de Gordios e Midas e relacionábanse con mitos gregos sobre a agricultura (nó gordiano para atar o xugo) e a riqueza (Midas que enviou ofrendas ao santuario de Delfos no s VIII a C). Foron o lazo de unión entre a cultura oriental e os sabios xonios, que fixaron as bases da ciencia grega. Levaron a Grecia os cultos a Dióniso, Cibeles e Atis cos seus misterios. A invasión dos cimerios no 675 a C puxo fin ao Reino de Frixia, que quedou sometido ao dominio persa. O helenizado mundo frixio reviviu coa conquista de Alexandre o Grande que na capital Gordion, cortou coa súa espada o nó gordiano, que segundo a tradición, permitiría dominar o mundo a quen o desfixese. Posteriormente foi englobado no Reino de Pérgamo, que pasou aos romanos no 133 a C.
-
s
m
[LING]
Lingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor e do que son testemuña unhas breves inscricións datadas entre os ss VIII a C e II d C.
-
modo frixio
[MÚS]
-
Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.
-
Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.
-