Frixos
Frixos
[MIT]
Heroe beocio, fillo de Atamante e Néfele e irmán de Hele. Cando Atamante, aconsellado pola súa segunda esposa Ino, se dispuxo a sacrificar os seus fillos a Zeus, o deus envióulles un carneiro alado, coa la de ouro, que os levaría ata o Oriente. Na viaxe Hele caeu ao mar e afogou, pero Frixos puido chegar á Colquide; neste lugar foi acollido polo Rei Eetes, quen, ademais, lle concedeu a súa filla Calcíope. Como agradecemento, o heroe sacrificou o carneiro a Zeus e ofreceulle ao rei o vélaro de ouro. Esta la que Eetes consagrou a Ares e que cravou nunha aciñeira do deus, desencadearía co tempo a expedición dos argonautas.